lunes. 15.07.2024
un ciclo de conferencias titulado 'Fronteiras, dende a orixe do universo ata a exploración espacial”'

A exploración dos planetas xigantes gasosos como candidatos a albergar vida extraterrestre

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Deputación da Coruña, está a celebrar un ciclo de conferencias titulado “Fronteiras, dende a orixe do universo ata a exploración espacial”. As charlas teñen lugar das 17.00 ás 20.30 horas, e tamén poden seguirse en directo a través da canle de Youtube da RAGC.
Alejandro Cardesin. Este enxeñeiro galego traballa na exploración de Marte desde a Axencia Espacial Europea
Alejandro Cardesin. Este enxeñeiro galego traballa na exploración de Marte desde a Axencia Espacial Europea

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Deputación da Coruña, está a celebrar un ciclo de conferencias titulado “Fronteiras, dende a orixe do universo ata a exploración espacial”. As charlas teñen lugar das 17.00 ás 20.30 horas, e tamén poden seguirse en directo a través da canle de Youtube da RAGC.

alejandro_cardesin1
Alejandro Cardesin.

A derradeira destas xornadas será mañá xoves, 13 de xuño, na Casa das Ciencias da Coruña. Centrarase na exploración e observación espacial. Á presentación da mesma está prevista a asistencia da concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas do Concello da Coruña, Nereida Canosa; e do director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez; xunto ás coordinadoras do ciclo: a catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade da Coruña Minia Manteiga, académica e secretaria da RAGC; e a catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo Ana Ulla.

A EXPLORACIÓN DO SISTEMA SOLAR

A sesión comezará coa intervención do enxeñeiro aeroespacial galego Alejandro Cardesín, con 20 anos de experiencia en misións planetarias da Axencia Espacial Europea como científico do Centro Europeo de Astronomía Espacial en Madrid. Experto na exploración de Marte, é responsable de operacións científicas da misión Mars Express, membro dos grupos de traballo científico da NASA e presidente do Nodo Ibérico da Sociedade Europlanet.

Indica que as ciencias planetarias en España e Portugal inclúen máis de 400 científicos e enxeñeiros traballando na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico para a exploración planetaria. “As ciencias planetarias abranguen un amplo abano de áreas de estudo que buscan mellorar o noso coñecemento dos moitos obxectos e ambientes que existen no noso Sistema Solar. Non só queremos aprender dos nosos planetas veciños, coas súas lúas e aneis, senón tamén estudar outros obxectos máis pequenos como os asteroides, os cometas, as partículas de po e a interacción de todos eles no espazo interplanetario e co Sol” -sinala-.

 

“A amplitude e variedade do noso campo de estudo obriga a ter un enfoque multidisciplinar, cubrindo áreas de investigación científica moi diferentes entre si, co fin de intentar aportar luz en temas tan importantes como a orixe da vida na Terra e no universo. A dificultade de observar estes obxectos tan lonxanos fai imprescindibles as misións de exploración espacial para obter datos. Esta tecnoloxía é tamén moi necesaria para a operación dos instrumentos, a explotación científica dos datos, e a súa aplicación en modelos que nos axuden a entender as regras físicas e químicas que rexen o noso Sistema Solar” -salienta o científico galego-.

 

Dous anos de descubrimentos grazas ao telescopio James Webb

 

De seguido intervirá Almudena Alonso, científica do Centro de Astrobiología do CSIC e investigadora do Consorcio Europeo de MIRI, un dos instrumentos do telescopio espacial James Webb. Traballou nas universidades de Oxford, Hertfordshire e Arizona. O seu campo de investigación é a evolución de galaxias, centrándose nos procesos que dan lugar á formación de novas estrelas e ao crecemento dos buratos negros supermasivos.

almudena_alonso
Almudena Alonso.

Na súa intervención explicará os descubrimentos realizados grazas ao telescopio espacial James Webb, o observatorio astronómico de maior tamaño enviado ao espazo en decembro de 2021. Pon de relevo que “nos está permitiendo estudiar fenómenos y objetos celestes tan fascinantes y diversos como la composición química de las atmósferas de exoplanetas, objetos del Sistema Solar, las propiedades de los discos a partir de los cuales se forman estrellas, así como estrellas que están en las primeras y últimas fases de sus vidas. También estamos investigando los procesos que afectan al gas y el polvo en regiones donde están naciendo nuevas estrellas, que se encuentran en la Vía Láctea y en otras galaxias”. A científica sinala que “con su capacidad de observar objetos lejanísimos y, por lo tanto, jovencísimos, el James Webb nos está dando la oportunidad de adentrarnos en el universo primigenio en el que se empezaron a formar las primeras galaxias y en el que ya se observan agujeros negros con masas gigantescas”.

 

A posibilidade de vida nos océanos das lúas xeadas dos planetas xigantes

 

Ricardo Hueso é catedrático de Física Aplicada da Universidad del País Vasco e membro do seu Grupo de Ciencias Planetarias. Investiga fenómenos que ocorren nas diferentes atmosferas de planetas como Venus, Marte, Xúpiter ou Neptuno. Durante a súa carreira foi membro dos equipos de investigación de múltiples misións espaciais tanto da Axencia Espacial Europea (ESA) como da NASA.

ricardo_hueso
Ricardo Hueso.

Abordará a exploración dos xigantes gasosos e as súas lúas xeadas. Nesta liña, explica que Xúpiter e Saturno están formados principalmente por hidróxeno e helio e as súas atmosferas están cubertas por nubes exóticas cunha complexa meteoroloxía. “En el interior de ambos planetas el hidrógeno se encuentra a tal presión que se vuelve metálico, dando lugar a la formación de los campos magnéticos más intensos de todo el Sistema Solar. Estos causan espectaculares auroras polares que alteran la química atmosférica de la atmósfera superior del planeta. Además, cada uno de estos mundos constituye un sistema solar en miniatura, ya que su gravedad les ha permitido poseer numerosas lunas de gran tamaño. Estas lunas son mundos helados en su superficie, pero muchas de ellas albergan en su interior inmensos océanos de agua líquida, siendo por lo tanto algunos de los objetivos prioritarios de la Astrobiología y de la moderna investigación espacial” -manifesta-.

 

O científico pon de relevo que “las diferentes misiones espaciales que se van a poner en marcha en los próximos años investigarán cuestiones vinculadas al potencial de la vida para aparecer y desarrollarse en los océanos subterráneos de agua líquida de la lunas heladas de los planetas gigantes”.

 

Ao final da xornada os asistentes poderán manter un debate cos expertos que participan neste encontro. Como remate, realizarase unha sesión no planetario da Casa das Ciencias. Pódese participar gratuitamente nesta conferencia, de xeito presencial ou en liña, previa inscrición: https://forms.gle/FZ6hAQovKHtncLEx9

A exploración dos planetas xigantes gasosos como candidatos a albergar vida extraterrestre
Comentarios