domingo. 14.04.2024

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, lanzou onte nas redes sociais facebook e twitter unha nova versión do afamado tema “Estou na lavadora” orixinaria do grupo ponteareán 'O Caimán do Río Tea'.

Os

grupos e músicos de Ponteareas uníronse para crear e interpretar esta nova

versión que arrasou nas redes sociais conseguindo máis de dez mil visualizacións

en tan só unha hora.

'Estou na corentena' é o título desta divertida versión na que participan integrantes dos grupos O Caimán do río Tea, SonDaRúa, Sulfatar, Skandalo GZ, Max Power, School e artistas como Tonhito de Poi, Chico López, Duke Sam e Baby Jane.

O

concelleiro de Cultura e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, destacan a

boa acollida deste videoclip que onte pola noite fixo bailar ás familias

ponteareás e de toda Galicia cunha versión dun tema que acadou o éxito da man

do programa de Televisión de Galicia, “Xabarín Club”.

“Estou na corentena” pódese escoitar nas páxinas de facebook Concello de Ponteareas e Cultura e Turismo Ponteareas e no twitter @ponteareas_gal e @visitponteareas

'Estou na corentena' coloca a Ponteareas no 'hit parade' do confinamento