jueves. 02.05.2024

A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” da Deputación de Pontevedra. A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, asistiu no Museo do Moble e a Madeira da Estrada ao relatorio, que forma parte desta colección de historias de mulleres relevantes e ligadas á provincia de Pontevedra que a institución provincial está a rescatar para o seu coñecemento por parte do gran público. O faladoiro vai acompañado dun podcast que está dispoñible desde esta tarde no sitio web da Deputación e nas principais plataformas de audio.

Sandra Bastos sinalou que “Valladares foi pioneira da literatura, precursora en empregar o galego nos seus poemas, e destacou por ser unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa”, pero malia os seus grandes logros “pouco sabemos dela hoxe en día e, por ter, non temos nin unha soa imaxe”. Por iso, a deputada sinalou que “era unha obriga para nós contar a historia de Avelina Valladares nesta segunda antoloxía de “Aquí faltan páxinas”, porque queremos contar historias apaixonantes, das que podemos sentirnos orgullosas, para visibilizar o legado destas grandes mulleres e inspirarnos nelas”.

A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista do cuarto faladoiro do...
Comentarios