jueves. 28.03.2024

MINDFULNESS EN FAMILIA

A psicóloga e especialista en terapia Gestalt, Belén Colomina realiza un taller de mindfulness, enfocado a proporcionar ferramentas para facilitar a convivencia e a organización intrafamiliar.

Neste encontro, Belén Colomina aborda algunhas das cuestións máis complexas xurdidas por mor da crise sanitaria que atravesamos. As familias pasan por unha dura proba de compatibilización entre tarefas escolares, domésticas, de coidados e teletraballo e, para iso, Belén Colomina dá algunhas claves, acompañando a cidadanía a través de Afundación TV.

EDUCACIÓN SÉCULO XXI. RAFAEL GUERRERO

O psicólogo e profesor Rafael Guerrero, dirixe unha sesión para nais, pais e docentes para axudarlles a colaborar coas nenas e nenos á hora de xestionar dunha maneira saudable as súas emocións, especialmente en momentos tan excepcionais coma este. «Neuroeducación. Claves para a xestión das emocións» é o título desta nova proposta da Obra Social de ABANCA que se enmarca no programa de conferencias e charlas de Afundación, «Educación século XXI».

Rafael Guerrero é doutor en Ciencias da Educación. Licenciado en Psicoloxía Clínica e da Saúde pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), imparte clases na Facultade de Educación desta institución, no Centro Universitario Cardenal Cisneros pertencente á Universidad de Alcalá de Henares (UAH), e na Universidad Rey Juan Carlos (URJC). É experto en trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH), trastornos da aprendizaxe e trastornos da conduta (Fundación ADANA). No seu labor divulgativo, é colaborador do xornal El País e habitual relator en congresos nacionais e internacionais. Ademais, é formador de profesores e pais en numerosos colexios e centros educativos de España.

EDUCANDO CON MAXIA, CON XUXO RUIZ

O mestre e ilusionista Xuxo Ruiz conduce esta conferencia chea de consellos e recursos útiles para familias, profesorado e estudantado, enmarcada no programa de conferencias e charlas de Afundación, «Educación século XXI». O seu segredo radica en aplicar o ilusionismo nos centros educativos ou na propia casa, e explica como facelo. Trátanse técnicas fáciles de poñer en práctica relacionadas co desenvolvemento do pensamento matemático, control de conduta, motivación para a aprendizaxe, aumento da autoestima, valores, etc.

Mestre e ilusionista, Xuxo Ruíz é especialista en maxia infantil e maxia educativa. En 2013 publicou o libro Educando con maxia, o volume sobre educación máis vendido do ano 2013, traducido ao brasileiro e ao inglés. Conta co World Guinness Record pola súa función solidaria no ano 2010, Premio ao Mérito Educativo 2015 polo seu labor innovador na educación e foi nomeado un dos 50 mellores mestres do mundo, quedando como finalista nos Global Teacher Prize 2018. Na actualidade é mestre de Educación Primaria no CEIP San Sebastián de Sevilla.

BENESTAR E IOGA. CON SANDRA ROCO

Este programa articúlase en dúas sesións semanais de adestramento online nas que se traballan tanto o aspecto físico do ioga, como o emocional. Todos os luns preséntase un modelo de clase, cun plan de adestramento para poder repetir desde casa, ata a seguinte cita. As semanas están deseñadas para ir avanzando con contidos distintos e complementarios.

Este programa xorde para dinamizar a vida activa e saudable que Afundación promove durante todo o ano, a través dos seus espazos +60, con máis de 14 000 persoas socias, e, así, seguir acompañando no día a día a quen queira sumarse ao programa.

FORO VIÑO XXI

«Foro Viño XXI» é un proxecto que agrupa varias persoas influentes no mundo do viño en Galicia do século XXI. Con Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño, como interlocutor, pódese gozar dos coñecementos de primeira man de viticultores, adegueiros, catadores e distribuidores que marcaron a historia e a tradición vitivinícola de Galicia.

Conta con:

Juanjo Figueroa titor do Curso Superior de Catador Profesional do Instituto Galego do Viño. Impartiu clase a máis de 2000 alumnos en toda Galicia, moitos deles nos Certificados en Cultura do Viño realizados nas sedes de Afundación. Nivel 3 da WSET e representante de Galicia no Campionato de España de Catadores ata en cinco ocasiones.

José Luis Mateo, de Quinta da Muradela, un viticultor de culto, e un dos nomes esenciais no rexurdir dos viños de Galicia. Mostra gran respecto pola tradición e os valores da terra co traballo desempeñado nas súas 14 hectáreas de viñedo propio certificado como ecolóxico. Os seus viños puxeron Monterrei e, en consecuencia, Galicia, no mapa internacional, e tamén é responsable da recuperación de variedades case en extinción como a zamarrica ou a monstruosa.

Miguel Anxo Besada, de Taberna A Curva, galardoado a nivel individual e con mención honorífica nos Premios Magnum do Viño Galego realizados polo Instituto Galego do Viño. Tamén foi premiado o seu local A Curva, situado en Portonovo, pola Denominación de Orixe Ribeiro co galardón a Mellor Taberna - Bar de viños. As máis de 400 referencias das que dispón este local, cunha predominancia dos viños galegos, dan boa conta do traballo realizado polo catador.

Raúl Pérez, de Raúl Pérez Adegas e Viñedos, quen foi nomeado dúas veces como mellor enólogo do mundo e é un dos máis admirados polas novas xeracións de produtores españois. O seu traballo está centrado no noroeste do país: no Bierzo, a súa rexión de orixe, e en Galicia, onde conseguiu crear novos modelos de traballo hai xa 20 anos. En Rías Baixas, xunto a Rodrigo Méndez, leva desenvolvendo proxectos como o mítico Sketch desde o ano 2000, e en Ribeira Sacra, con Guímaro, elabora referencias como O Pecado, que conseguiu posicionarse entre os 10 mellores viños de España obtendo 98 puntos na prestixiosa revista de Robert Parker, a nota máis alta que conseguiu nunca un viño galego.

Fernando Filgueira, fundador da Vinoteca Bagos. Catador actualmente xubilado, desmarcouse dos parámetros establecidos na época preglobalización, cando todo o mundo traballaba coas mesmas grandes adegas comerciais, e converteu os seus establecementos nun oasis onde se podía facer un auténtico exercicio de liberdade probando viños diferentes tanto de Galicia como doutras rexións ou países. Puxo en marcha a primeira vinoteca de renome en Pontevedra e tamén é fundador dun dos locais galegos máis valorados actualmente polos amantes do viño: Vinoteca Bagos, inaugurada en 2007 e con máis de 300 referencias na súa carta.

Rodrigo, Rodri, Méndez, cuxo proxecto no val do Salnés foi unha das principais fontes de inspiración en Rías Baixas desde a súa creación a mediados dos 2000. Movido polo desexo de elaborar tintos nunha rexión de brancos, Rodri Méndez buscou a axuda de Raúl Pérez, un dos mellores enólogos do mundo, co que impulsou hai algúns anos a adega Forxas do Salnés con referencias como Leirana, Leira Genoveva ou os afamados tintos do mar Goliardo. En 2012 lanzouse en solitario á creación de viños coa súa propia marca: Adegas e Viñedos Rodrigo Méndez, o seu proxecto máis pequeno e persoal. A partir dos seus viñedos familiares de albariño, algúns plantados fai máis de cen anos polo seu bisavó, e doutras viñas situadas en Meaño, elabora dous albariños con nomes de illas: Cíes e Sálvora.

DIÁLOGOS CON PEPE SOLLA

Afundación TV presenta a súa proposta «Diálogos con Pepe Solla», un foro de encontro cultural no que o prestixioso cociñeiro galego, impulsor do grupo NOVE e da aclamada Casa Solla, o restaurante familiar estrela Michelin fundado en 1961, charla con destacadas figuras do ámbito cultural e artístico galego sobre as distintas consecuencias da pandemia actual.

MULLERES DE MAR

«Mulleres de mar», tres microrrelatos audiovisuais protagonizados por Rita Míguez, mariscadora e presidenta de ANMUPESCA; Rosa Chapela, responsable da área de Socioeconomía da Pesca do CETMAR Vigo; e Jenifer Suárez, pescadora, que teñen como obxectivo mover conciencias sobre a urxencia de coidar o mar e os océanos.

As tres abordan tanto as súas experiencias como profesionais do mar como a situación de fronte ao futuro desde a perspectiva de como podemos contribuír desde a sociedade no seu conxunto para preservar o medio ambiente adoptando condutas que axuden a reducir a contaminación dos océanos.

BIBLIOTECASA E A HORA DO CONTO

Co obxectivo de dinamizar a formación e a cultura para todos os públicos, Bibliotecasa é a sección na que, todos os luns e mércores, o equipo da Biblioteca Afundación envorca audiolibros e interesantes contidos sobre eles para que os mozos lectores poidan seguir gozando das súas obras favoritas.

En «A hora do conto», todos os martes e xoves, preséntase unha sesión de contacontos con relatos fabulosos, narrados por Carles García Domingo, da compañía Zarándula. Carles García Domingo procede dunha familia de narradores e buhoneros (vendedores ambulantes e contistas). Iso fíxolle vivir os contos tradicionais desde moi novo. Relatos marabillosos, historias cargadas de ironía e sabedoría tradicional. Na actualidade, o seu repertorio componse na súa maioría destes contos tradicionais, pero tamén de versións propias.

A HORA DO CÓMIC CULTURAL

Da man do experto Asier Mensuro, estúdanse algúns dos cómics cuxos autores liberaron para a súa lectura. Especialista no binomio arte e cómic, Asier Mensuro é unha das voces máis autorizadas do noso país. Conta cunha dilatada experiencia no comisariado de mostras nas que se combinan ambas as disciplinas e é un referente de festivais de cinema neste ámbito. En «A hora do cómic cultural», Mensuro transita desde a Residencia de Estudantes do Madriddo 27, ata a Valencia do Século de Ouro, pasando pola mitoloxía grega ou a situación actual na franxa de Gaza, convidando o público, ademais, a coñecer a grandes científicas do mundo, a descubrir a historia da arte con ollos de cómic ou a ler o máis influente na arte do século XX. Unhas recomendacións en grao sumo variadas con dous elementos en común: a calidade da proposta e o interese cultural da historia.

AUDICIÓNS COMENTADAS DE MÚSICA CLÁSICA

Audicións comentadas de pezas esenciais das grandes figuras da música clásica, con Teresa Adrán. A especialista en música clásica Teresa Adrán propón unha aproximación ás grandes pezas da música clásica para descubrir as claves que acabaron por consolidar ás imprescindibles figuras desta arte. Nunhas breves pílulas analíticas, para as cales conta co apoio da Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia para a reprodución das partituras, Adrán analiza os misterios que os grandes autores deixaron impresos nas súas composicións.

CANTEMOS XUNT@S

Esta actividade consiste nun taller lúdico musical ao redor de conceptos básicos da linguaxe musical e a interpretación vocal. Estruturada en sesións interactivas, está dirixido por Esperanza Mara, música profesional (soprano e violonchelista), profesora e investigadora musical, ademais de monitora de musicoterapia.

PAPIROFLEXIA

Todos os luns preséntase unha sesión co especialista Jorge Pardo. Esta actividade consiste en sesións lúdico-formativas nas que as habilidades manuais e as matemáticas se combinan para realizar auténticas obras de arte en papel. Jorge Pardo, director da EMOZ (Escola Museo Origami de Zaragoza) e coordinador de «Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia», ensina en apenas dous minutos a facer figuras coa técnica da papiroflexia ou origami, a través dun formato tipo vídeo titorial moi alcanzable para todo tipo de públicos. Tan só se necesitan eses dous minutos e un folio, para poder elaborar as pezas que non requiren tesoiras ou cola de pegar.

TALLER DE ARTES PLÁSTICAS

«Obradoiro de artes plásticas», no que todos os martes se presenta unha sesión dedicada a fomentar a creatividade mediante as manualidades.

EXPERIMENTOS CON NATURNOVA

«Experimenta con Naturnova», unha fabulosa proposta coa que aprender de maneira divertida e práctica sobre ciencia e medioambiente. Baixo a dirección do equipo de Naturnova, o taller de educación ambiental de Afundación, presenta todos os venres uns entretidos e educativos talleres con experimentos que estimulen a curiosidade de toda a familia.

BURBULÓXICA

«Burbulógica», unha fabulosa proposta coa que aprender todos os segredos para realizar fantásticas burbullas. Baixo a dirección de 7Burbullas, Afundación TV presenta todos os venres uns entretidos e educativos talleres sobre pompas de xabón e outros experimentos que estimulen a curiosidade de toda a familia.

CURTAS DE ANIMACIÓN

Os circuítos de proxección de cinema non conseguen programar todas as pezas producidas, especialmente cando se trata de obras afastadas das grandes produtoras ou enmarcadas no formato da curtametraxe de animación. Por iso, o experto en cinema e arte, Asier Mensuro, elaborou unha serie de pequenas pílulas informativas sobre algunhas destas propostas que, na súa opinión, merecen ser destacadas debido á súa alta calidade. Ademais, en cada unha destas sesións facilítase unha ligazón para a visualización da obra.

IMOS AO CINEMA

Asier Mensuro, historiador de cinema e de banda deseñada, é unha das voces máis autorizadas do noso país. Semanalmente, Mensuro realiza un percorrido para estudar a orixe e as características de cada un dos xéneros seleccionados, desvelando curiosidades a partir da análise tanto de filmes icónicos como doutros menos coñecidos. Así mesmo, Mensuro ofrece unha recomendación de plataformas e páxinas web a través das que poder ver moitas das películas mencionadas. Trátase, en definitiva, de presentar unhas recomendacións en grao sumo variadas con dous elementos en común: a calidade da proposta e o interese cultural e formativo das análises.

A COLECCIÓN EN CASA

O programa «A colección en casa», nesta ocasión e con motivo da apertura na Sede Afundación A Coruña da mostra «Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación», a comisaria, Mercedes Rozas, elaborou unha serie de estudos analíticos que, de maneira sintética e en forma de vídeos, analizan algunhas pezas escollidas desa mostra: Ciria, Daniel Canogar, Manolo Valdés, Mersad Beber e Soledad Sevilla son os autores cuxas obras se estudan nesta ocasión.

Integrada por máis de cinco mil obras, a Colección de Arte Afundación é unha das máis completas da comunidade, cuxo fondo, ademais de incluír pezas significativas da creación española, cobre as etapas esenciais da arte galega desde o século XIX. A súa importancia valeulle a declaración de Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia no ano 2015, ratificando, así, un proxecto iniciado fai máis de cinco décadas. A Colección de Arte Afundación naceu coa vocación de apoiar e divulgar o labor dos artistas galegos dentro e fóra das fronteiras da nosa comunidade. Outra premisa básica desta colección é a súa finalidade museable, é dicir, está concibida para ser exposta e para permanecer a disposición e, por tanto, para a súa goce público. Dada a actual conxuntura, Afundación desenvolveu o programa «A colección en casa» para cumprir con este propósito e seguir achegando a cultura á cidadanía.

LAURA SARASOLA. A ARTE COMO RECURSO DE APRENDIZAXE

Laura Sarasola, actriz e diplomada como mestra de Educación Primaria, conduce esta nova proposta de formación desenvolvida pola Obra Social de ABANCA que apela directamente a todos os docentes que queiran ampliar e variar as diferentes estratexias para implantar nas aulas conducentes a cativar a atención do alumnado. Combinando mecanismos procedentes do ámbito da interpretación teatral coa aprendizaxe académica curricular, Sarasola presenta a súa proposta na cal o teatro e, por extensión, case calquera manifestación artística, se converte nunha valiosa ferramenta para animar e alegrar as horas lectivas nos centros escolares.

Laura Sarasola é actriz, creadora e directora teatral, e diplomada como mestra de Educación Primaria. Desde os seus inicios no teatro profesional, compaxinou a actividade interpretativa coa de mestra, impartindo clases de teatro a nenos e adultos. Foi bolseira pola Deputación da Coruña para formarse con Juan Pastor no centro de interpretación Guindalera Escena Aberta de Madrid. Tamén ten formación en voz, danza, teatro físico, de máscara e marionetas. Traballou en teatro para adultos e para nenos, centrándose nos últimos anos na creación específica de espectáculos para público infantil e familiar, dentro de Caramuxo Teatro.

COCIÑA EN FAMILIA. MAYTE FERNÁNDEZ E VANESSA SENDE

Afundación TV desenvolve unha iniciativa de formación culinaria e nutricional para as máis pequenas e os máis pequenos da casa. Trátase de «Cociña en familia», con Mayte Fernández, na que todos os venres se pode aprender unha nova e deliciosa receita de cociña pensada para toda a familia.

Mayte Fernández é unha das nutricionistas e cociñeiras con maior proxección no ámbito da formación culinaria dirixida a nenas e nenos, a quen transmite non só a súa paixón pola cociña, senón tamén a importancia de manter unha dieta sa e equilibrada, apostando polo produto de proximidade e de tempada.

Os mércores é Vanessa Sende, do equipo da área educativa de Afundación e responsable dos talleres de cociña en varias das súas sedes, quen imparte as sesións dirixidas aos máis pequenos.

TEATRO EN FAMILIA. TALLER DE TEATRO INTERACTIVO CON GHAZAFELHOS

A proposta de Afundación diríxese cara ao público familiar, a partir de nenos de 3 anos, cunha actividade que estimula a participación, a creatividade, a cultura e a aprendizaxe a través do teatro. Da man dos grandes profesionais da escena infantil que integran Teatro Ghazafelhos, desenvólvese esta proposta de taller de teatro

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nada en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das agrupacións galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos está composto por Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. Unha compañía consolidada que sorprende con cada unha das súas producións, combinando xéneros, falando de temas variados e entrando en mundos cheos de maxia. No seu repertorio destacan obras como Frankenstein, Nana para un Soldado, Bon Appetit, Irinha Bailariña e un longo etcétera. Pepablo Patinho e Montse Piñón son tamén os actores protagonistas do musical de Magín Blanco A meniña e o grilo nun barquiño. Nos últimos tempos destacan montaxes como Rubicundo, baseado no libro homónimo de María Canosa ou Lúa, unha tenra historia sobre as relacións humanas e o mundo desde a mirada dos nenos.

DATA EMISIÓNCONTIDO
lunes, 24 de agosto de 2020Ioga con Sandra Roco. Sesión 7
Foro Viño XXI. Miguel Anxo Besada
IESIDE sen muros: Masterclass Ainhoa Gomez: LinkedIn para directivos: evoluciona tu presencia digital
Taller. Papiroflexia. La maxia del papel. Con Jorge Pardo. vaso
Visita las exposiciones de Afundación. «Percorrendo a nosa arte. Esencia dunha colección»
Cuentos en Bibliotecasa. As terroríficas aventuras de Simón 
Tardes de xúbilo. Entrevista a Leopoldo Abadía
 
martes, 25 de agosto de 2020IESIDE sen muros. «Liderando equipos teletraballando en corentena». Ignacio Martín Maruri
Mulleres de mar. Coloquio con Rosa Chapela (responsable da área de Socioeconomía da pesca de CETMAR), Jenifer Suárez (pescadora de Fisterra) e Rita Vidal (mariscadora). 
Mulleres de mar.  Microrrelatos de Rosa Chapela (responsable da área de Socioeconomía da pesca de CETMAR), Jenifer Suárez (pescadora de Fisterra) e Rita Míguez, mariscadora e presidenta de ANMUPESCA
Educación Século XXI: Conferencia Mindfulness para familias: Educar para ser feliz. Con Belén Colomina
A hora do conto. Con Carles García. Sopa de pedra
Talleres de artes plásticas: Taller 4. Ceras e clip
LIbros Afundación recomendados. Amelia Peláez
Curtas de animación. Silent. Recomendacións de Asier Mensuro
Aventúrate en casa con Sofía Toro - Exercicio de pescozo e lombo
miércoles, 26 de agosto de 2020Imos ao cine. Recomendacións cinematográficas de Asier Mensuro. Descubrindo a Luis Buñuel
IESIDE sen muros: Entrevista Pedro Casaño: director de recursos humanos de Nueva Pescanova
Educación Século XXI. Conferencia «Os menores ante as novas tecnoloxías: beneficios e riscos» con José Torres 
A Colección en casa. Manolo Valdés
Contos en Bibliotecasa. Homiño de mazapán
Cociña en familia con Vanesa Sende. Xeado de plátano e chocolate veloz
Conferencia de Jacob Petrus. Programa de Sostibilidade ABANCA e Afundación
jueves, 27 de agosto de 2020Ioga. Con Sandra Roco. Sesión 8
Directos. Taller de teatro para escolares. Teatro dos Ghazafelhos. Sesión 4
IESIDE sen muros: Manuel Sevillano en Hoy es marketing. «Comunicación, marketing, reputación»
Desenvolvemento do voluntariado ambiental
A hora do cómic cultural. Cómic 4. La Balada del norte: Con Asier Mensuro
A hora do conto. O pastor de lebres
Encontros literarios. Gonzalo Hermo. Premio de Poesía Afundación 2018. A vida salvaxe
viernes, 28 de agosto de 2020Taller. Cantemos Xuntos. Con Esperanza Mara. Sesión 4
IESIDE sen muros. Investor Tips:  'ENISA: Apoio público a startups e pemes durante e despois da Covid' José Bayón, CEO de  ENISA
Teatro en familia. Gaia
Cociña en familia. Con Mayte Fernández. Ósiñoss caseiros
Aventúrate en casa con Sofía Toro.  Exercicio de basculación pélvica
Experimenta con Naturnova. A sombra invisible
Taller Burbolóxica. Burbulóxica 4.  Como entrou? O ovo ou a botella? 
  
Programación.

Ademais, todos os venres Afundación TV presenta «Teatro para toda a familia», unha fabulosa proposta coa que aprender gozando con grandes compañías das artes escénicas para todos os públicos. Todas as pezas que se poderán ver desde o novo portal Afundación en casa están complementadas por un dosier didáctico no que, de maneira especial, se resaltan os valores que se transmiten con cada proposta.

Entretenimiento e instrucción nos contidos de Afundación TV