sábado. 05.10.2024

Encontros simboliza máis que unha xuntanza física; representa a converxencia de ideas, culturas, experiencias e profesionais. É un espazo onde diversas formas de arte e expresión cultural se atopan e interactúan para crear unha experiencia multifacética e multicultural.

Esa experiencia vivíuse esta tarde-noite en Vigo, no Café Vitruvia, onde o acuarelista pontevedrés explorou a paisaxe da costa galega a través das súas acuarelas expostas no espazo ubicado na Praza de Compostela. Do mesmo xeito, a proposta plástica de Noelia Figueiras, "Misterio de Fogón", fundiu as barreiras entre a cociña e a arte nun showcooking en directo para o público.

IMG20240913204638

Tamén destacou o Trío Alfonso Medela, coa enerxía desbordante do músico de O Carballiño, un pianista cuxa formación combina a técnica e a precisión da disciplina clásica coa liberdade e improvisación do jazz. Acompañárono Óscar Rodríguez ao contrabaixo, músico cubano que domina tanto o repertorio clásico coma o jazzístico, e L.A.R. Legido na batería, un virtuoso da percusión que sempre sorprende ao público empregando obxectos pouco convencionais para acompañar a súa música.

Encontros: Arte, Cociña e Música Unen Forzas no Café Vitruvia de Vigo
Comentarios