viernes. 26.04.2024
En Vigo

Dios Ke Te Crew prepara o seu concerto de apertura da xira ‘Tremendos Anos 20’

Dios Ke Te Crew é historia do rap en galego. Desde a súa formación no 2003, a banda conformada por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock destacou polo seu enxeño, habilidade narrativa e humor próximo á actualidade. Logo da publicación de tres LP e percorrer ducias de festivais e salas de concertos por toda Europa, DKTC publicou o pasado 2022 ‘En que ano estamos?!’, un EP con cinco temas nos que os seus membros demostran por que é considerada como a banda máis mítica do hip hop do país. Entre os novos tracks, acompañados por pezas audiovisuais de Xaime Miranda, destaca un dos himnos dos últimos tempos: ‘OG’, con Boyanka Kostova. 
DKTC 2 © IAGO VILARINHO.
DKTC 2 © IAGO VILARINHO.

Dios Ke Te Crew, a banda máis emblemática do hip hop galego, arrinca este venres 3 de marzo en Vigo a nova xira do grupo, nomeada “Tremendos Anos 20”, coa que celebrará o seu vixésimo aniversario sobre os escenarios revisando os grandes éxitos da súa traxectoria e presentando as súas últimas creacións. A sala viguesa Masterclub acollerá esta fin de semana o primeiro dos directos do grupo, que estará acompañado pola singjay (cantante e MC) viguesa High Paw e polo trapeiro Sibran Yiyi, membro de Boyanka Kostova. As entradas para a cita, que comezará ás 23.00 horas, xa están á venda na plataforma www.enterticket.es
 

Dios Ke Te Crew é historia do rap en galego. Desde a súa formación no 2003, a banda conformada por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock destacou polo seu enxeño, habilidade narrativa e humor próximo á actualidade. Logo da publicación de tres LP e percorrer ducias de festivais e salas de concertos por toda Europa, DKTC publicou o pasado 2022 ‘En que ano estamos?!’, un EP con cinco temas nos que os seus membros demostran por que é considerada como a banda máis mítica do hip hop do país. Entre os novos tracks, acompañados por pezas audiovisuais de Xaime Miranda, destaca un dos himnos dos últimos tempos: ‘OG’, con Boyanka Kostova. 

Este mes de marzo DKTC regresa ás salas ca xira ‘Tremendos Anos 20’, na que presenta unha potente posta en escena audiovisual: as imaxes creadas polo artista de renome internacional e precursor do Gif Art, A.L. Crego, arroupan e interactúan co contido das cancións de DKTC, aumentando de maneira exponencial ás xa de por si enérxicas actuacións que caracterizan á banda. Logo da súa visita viguesa, Dios Ke Te Crew visitará o Playa Club da Coruña o vindeiro sábado 18 de marzo.



 

Dios Ke Te Crew prepara o seu concerto de apertura da xira ‘Tremendos Anos 20’
Comentarios