martes. 03.12.2024

Co apoio do Concello, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e igualmente de Ponteareas, sae a luz o segundo libro de Nerga, colección de monográficos da Fundación Xoán Piñeiro, de Goián, institución cuxa actividade está intimamente vinculada  á presenza do espírito do seu fundador, coa divulgación da súa obra, promoción de artistas e desenvolvemento escultórico de Galicia, que continúa a contribuír sobre a escultura.

Monumento da praza de América, en Vigo, do escultor Silverio Rivas. M. ESTÉVEZ.
Monumento da praza de América, en Vigo,
do escultor Silverio Rivas. M. ESTÉVEZ.

"Silverio Rivas", un novo libro que pretende descubrir a manía do artista con berce na parroquia de San Mamede de Fontenla, en terras do Condado, e con estudio taller en Paramos. Coordinado por Miguel Anxo Rodríguez González, investigador e profesor do departamento da Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para quen "Silverio é un dos artistas que máis contribuíu á transformación da paisaxe urbana desde a arte, coas súas esculturas, desde as últimas décadas  do século XX". Será presentado hoxe  ás 20.OO na Sala de Exposicións de Tui.

A relevancia do escultor na historia creativa en Galicia está patente en numerosas monumentais esculturas de lado a lado do país galego, sendo a máis destacada a "Porta do Atlántico", que se ergue na Praza de América, realizada en granito de Porriño.

Iniciou a formación artística  no taller de ebanistaría  do seu  pai, logo cursa estudos na Escola de Artes e Oficios de Vigo, recibindo leccións  de mestres como Camilo Camilo Nogueira, aprende técnica de escultura en bronce no taller de Xoán Piñeiro e recibe unha beca que lle permite ampliar coñecementos en Madrid, nomeadamente  na Escola de Artes e Oficios e no Círculo de Bela Artes, e realiza a súa primeira  mostra individual en Caixavigo, 1971.

Descubriendo a Silverio Rivas: unha viaxe pola vida e obra dun gran escultor galego
Comentarios