A Deputación de Pontevedra acolle "Paciencia: óleo sobre lenzo", a nova exposición de Arquímedes Artal

Paciencia, obra de Arquimedes Artal.
A Deputación de Pontevedra inaugura no Palacete das Mendoza a exposición "Paciencia: óleo sobre lenzo", de Arquímedes Artal. A mostra, con cadros hiperrealistas, estará aberta ao público ata o 31 de xullo.

O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, inaugura este venres, 15 de agosto, a exposición "Paciencia: óleo sobre lenzo" do pintor Arquímedes Artal. A mostra, protagonizada por pinturas hiperrealistas, estará dispoñible para o público ata o 31 de agosto.

Arquímedes Artal, pintor zaragozano afincado en Vigo, herdou a paixón pola arte dos seus pais, Fernando Artal e María José Moreno. Na súa obra, amosa unha técnica maxistral ao mesturar esculturas antigas con paisaxes contemporáneas, conseguindo así reinterpretar a memoria e a historia a través dos seus cadros.

A exposición poderá visitarse no Palacete das Mendoza nos seguintes horarios:

  • De luns a venres: de 9:00 a 21:00 horas.

  • Sábados, domingos e festivos: de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas.