viernes. 26.04.2024

‘Dende a Miña Xanela’, opera prima de Sonia Melón

A cita será ás 20.30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal, na que esta ponteareá de adopción dará a coñecer ao público a súa ópera prima arroupada polo escritor Fernando Juan Morado, Cone, polo profesor e escritor Xulio Pardo de Neyra e polo concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

Sonia Melón achéganos á poesía coa súa ópera prima ‘Dende a Miña Xanela’.
Sonia Melón achéganos á poesía coa súa ópera prima ‘Dende a Miña Xanela’.

Foi un traballo “desexado, rido, chorado, pero sobre todo feito con alma, corazón e ilusión”. Así define Sonia Melón o seu libro ‘Dende a Miña Xanela’, un verdadeiro canto á poesía que a autora presentará este venres 8 de xullo en Ponteareas.

A cita será ás 20.30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal, na que esta ponteareá de adopción dará a coñecer ao público a súa ópera prima arroupada polo escritor Fernando Juan Morado, Cone, polo profesor e escritor Xulio Pardo de Neyra e polo concelleiro de Cultura, Fernando Groba. “É un orgullo descubrir o gran potencial literario de Ponteareas e da comarca, con novas autoras e autores cun gran potencial e moita ilusión que están a realizar un traballo único”, salienta o edil, que convida a toda a veciñanza a acompañar á autora na presentación.

Sonia Melón, nada en Mondariz, viven dende hai moitos anos en Ponteareas. A pesar de que os seus camiños profesionais levárona lonxe da literatura, preséntase agora ante o público cunha obra coa que consegue facer realidade un soño e co que comeza a xermolar un mundo de ilusións. A entrada será de balde ata completar aforo.

‘Dende a Miña Xanela’, opera prima de Sonia Melón
Comentarios