Correa Corredoira, nomeado 'Arraiano Maior 2025'
O artista Correa Corredoira será distinguido como "Arraiano Maior 2025" nas VIII Xornadas Arraianas de Entrimo na Raia Seca o vindeiro 8 de agosto. Ese mesmo día, o Museo Pura Santos acollerá a exposición "Ramboia das Artes" de Xulio Fontes.
As VIII Xornadas Arraianas de Entrimo na Raia Seca, que se celebrarán o próximo 8 de agosto, contarán cun cartel deseñado polo artista Correa Corredoira. Ese mesmo día, Corredoira recibirá a distinción de Arraiano Maior 2025.
Recoñecementos póstumos e colectivos
As xornadas tamén renderán homenaxe póstuma aos "Arraianos Universais" Xosé Vizoso e Plácido Romero. Así mesmo, recoñecerán como "Colectivos Arraianos" á Fundación Castelao e á Asociación de Mulleres Rurais de Entrimo.
"Ramboia das Artes" de Xulio Fontes no Museo Pura Santos
Na mesma data, o Museo Pura Santos acollerá o proxecto plástico "Ramboia das Artes" do artista Xulio Fontes, orixinario de Forxan (Concello de Quintela de Leirado). Fontes, coñecido recentemente por asinar un mural en defensa da Raza Cachena no Pavillón de Entrimo, é, sen dúbida, outro artista ben merecedor da distinción de Arraiano Maior.