"Conversas con arte" é unha aposta persoal de Rafa Domínguez, que ten como motivación difundir as diferentes manifestacións artísticas que xurdiron, e xorden, tanto na provincia como no conxunto de Galicia, poñendo en valor os artistas vencellados a diferentes movementos, que naceron ou mesmo teñen relación coa provincia. Xosé María Barreiro, artista de Forcarei, residente en Cela, Bueu; Antón Pulido, ourensán de Bóveda de Amoeiro, residente na cidade de Vigo, e mesmo César Antonio Molina, escritor e exministro de Cultura, foran protagonistas en anteriores encontros do programa desde a súa posta en marcha no pasado mes de abril.
Gervasio Sánchez, que será un dos participantes na Bienal de Arte de Pontevedra de 2025, é participante hoxe ás 19h00 no Salón de Plenos da Deputación, unha nova conferencia que será gravada para poder emitirse posteriormente en formato vídeo e podcast a través das plataformas Youtube e Spotify.
Gervasio Sánchez (Córdoba, 1959) é licenciado en Xornalismo e traballou como independente na Cadena Ser, El Heraldo de Aragón, o servicio español da BBC, especializado en conflitos armados, ademais de ter varios libros fotográficos.
Durante a súa traxectoria foi enviado especial en guerras en América do Sur, guerra do Golfo, así como noutros conflitos.
Dirixe desde 2001 o Seminario de Fotografía e Xornalismo da Fundación Santa María de Albarracín; mestre da Fundación Gabo, Membro de Honra da Universidade de Málaga e Presidente de Honor da Asociación Fotográfica de Córdoba.
Antón Castro, doutor en Historia da Arte e comisario de renome internacional, que tamén o é da Bienal de Arte de Pontevedra 2025, formará parte da conversa no Salón de Plenos da Deputación xunto co Presidente da institución Rafa Domínguez e o fotoxornalista Gervasio Sánchez.