sábado. 20.04.2024

A música volverá encher mañá pola noite a praza de San Fernando co concerto “Volta ás orixes” a cargo das violinistas tudenses Sara Areal e Raquel Areal e Karla Martínez.  Este evento musical comezará ás 22.15 h con entrada libre.

Un concerto no que Sara e Raquel farán unha viaxe musical dende as pezas que tocaban na súa infancia até ás que interpretan na actualidade, amosando así a evolución no grao de dificultade e calidade experimentado ao longo dos anos. Pero será tamén unha viaxe a través dos países onde teñen realizado a súa formación musical cun repertorio de diferentes nacionalidades e diferentes tipos de pezas.  Ofrecerán un concerto moi dinámico no que agardan o público disfrute da interpretación, que para elas será moi especial e emotivo.   Ao piano estará Karla Martínez que xunto a Raquel Martínez forma o dúo Boulanger.

28072022  Concerto Volta áss  Orixes (3)

O concerto comezará interpretación do Concerto para dous violíns en La menor de Vivaldi e a “Nena dos cabelos de liño” de Debussy. Continuarán con “Nocturno” de Lily Boulange e interpretando 7 dos 44 dúos para dous violíns de Béla Bartok. Forma parte tamén do repertorio “Balada do Amor Adolescente” de José María Vitier, “En mi menor, Mi menor Conga” de Guido López-Gavilán, “La Vida Breve” de Manuel de Falla e “Emigrantes Celtas” de Manuel Quiroga. Rematarán con “Navarra” de Pablo de Sarasate.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, compartiron esta mañá uns minutos coas tres artistas na praza de San Fernando onde mañá terá lugar o concerto. Amosaron a Sara e Raquel Areal e a Karla Martínez o seu agradecemento por poder conta con este evento musical na programación do verán cultura tudense.

Concerto 'Volta ás orixes'
Comentarios