viernes. 19.04.2024

A empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN e con sede no concello coruñés de Ames, ten en marcha o seu “XI Certame de relatos breves”, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O xa tradicional concurso de escritura que Feiraco promove con motivo do Día das Letras Galegas diríxese nesta edición a todo o alumnado de 5º de Primaria a 2º de Secundaria matriculado en centros educativos da comunidade galega.

O certame preséntase de forma oficial mañá mércores, 10 de maio, no IES Rosalía de Castro de Santiago, ás 11:00 horas. Contarase coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a directora de comunicación e marketing de CLUN, Jessica Rey; e o director do IES Rosalía de Castro, Xabier Mouriño; xunto á presentadora do espazo “Dígocho eu” da TVG Esther Estévez, encargada de conducir o acto. Tamén asistirá alumnado do centro compostelán.

Este certame escolar forma parte do movemento “Falarei!”, a iniciativa coa que Feiraco celebra o Día das Letras Galegas, animando á cidadanía a a falar e escribir na nosa lingua.

 

'Certame de relatos breves'
Comentarios