jueves. 25.04.2024

'Casa de Feras' de Edgar Costas gaña o Premio Vidal Bolaño

A obra de Edgar Castro, unha fábula actual onde se abordan temas como o maltrato animal, as relacións de poder e a liberdade, fíxose co galardón literario na cuarta edición do certame organizado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia.
Edgar Costas estivo acompañado polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a escritora e secretaria do premio, Raquel Castro, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. .
Edgar Costas estivo acompañado polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a escritora e secretaria do premio, Raquel Castro, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. .

O centro cultural acolleu onte a presentación de 'Casa de Feras', Premio Vidal Bolaño 2021, de Edgar Costas. Acompañando ao autor, estivo o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a escritora e secretaria do premio, Raquel Castro, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. 

A obra de Edgar Castro, unha fábula actual onde se abordan temas como o maltrato animal, as relacións de poder e a liberdade, fíxose co galardón literario na cuarta edición do certame organizado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia.

“Somos moi afortunadas e afortunados de contar co apoio do Concello do Porriño” , destacou o director xeral de Galaxia, “Con esta iniciativa estimúlase aos dramaturgos a crear obras dirixidas á mocidade. Un respaldo á cultura que coloca ao Concello do Porriño no centro da dramaturxia xuvenil. Non hai concello que poida compararse neste sentido”.

Pola súa banda, o autor convidou aos asistentes a descubrir “Casa de Feras”, unha obra que agarda “como todas as obras de teatro se complete saíndo a escena da man dos mozos e mozas”.

“O Premio Vidal Bolaño é xa un certame consolidado que contará sempre co respaldo do Concello”, concluíu o alcalde, “Para nós, o respaldo á cultura en calquera das súas expresións é esencial, trátase de gardar e enriquecer o legado que deixamos aos que veñen”. 

V Premio Vidal Bolaño

O Concello do Porriño, IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia convocaron xa a quinta edición do Premio Vidal Bolaño, un certame que naceu pola necesidade de fomentar a escritura de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato e crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. 

O premio constará de 2.000 euros e a edición e publicación da obra gañadora a cargo da Editorial Galaxia. O prazo de presentación de orixinais remata o 21 de xuño de 2022. 

'Casa de Feras' de Edgar Costas gaña o Premio Vidal Bolaño
Comentarios