Ateneo celebra o Día das Letras Galegas reivindicando o legado das cantadeiras

Malores Villanueva.
O Ateneo de Santiago conmemora o Día das Letras Galegas cunha conferencia de Malores Villanueva sobre as cantadeiras e a poesía popular oral feminina. A charla reivindicará o papel destas voces na construción do patrimonio inmaterial galego.

As 19h30 do día 12, o Ateneo de Santiago de Compostela continúa co seu ciclo de Conferencias dos luns do Ateneo, conmemorando o Día das Letras Galegas, na Rúa do Vilar. "Eu cantar, cantar, cantei. As cantadeiras e a poesía popular oral", impartida por Malores Villanueva, crítica literaria, editora e doutora en Filoloxía Galega pola USC. Propón unha viaxe polas formas poéticas orais que as mulleres galegas transmitiron durante xeracións a través do canto e sitúa as cantadeiras como figuras centrais da memoria e da identidade colectiva, figuras ás que se lles dedica o Día das Letras Galegas. A conferencia afondará nas ligazóns entre oralidade, resistencia cultural e creación poética, reivindicando o papel destas voces anónimas na construción do patrimonio inmaterial galego.

Malores Villanueva, natural de Cotobade, profesora, editora e investigadora, especializada na historia da Lingua Galega e nos contextos sociolingüísticos da ditadura. Autora de obras premiadas como "Lingua en sociedade, na aldea de Xesteira" ou "A lingua galega entre 1963 e 1975." Ten publicado en Revistas de referencia e colaborado con Institucións como a Fundación Penzol ou o Instituto da Lingua Galega. Exerceu a docencia e mantén un forte compromiso coa defensa e promoción da Cultura galega desde múltiples frontes.