martes. 04.11.2025

Vigo engalánase coa arte de Armando Martínez, quen forma parte do selecto grupo de artistas que expoñen nas emblemáticas Galerías Durán. Este espazo, que conecta as rúas Príncipe e Velázquez Moreno, foi no seu día testemuña da arte do inolvidable pintor vigués San Luis.

Durante os meses de xullo e agosto, os antigos locais comerciais da zona, dos cales só queda unha zapatería, transformáronse en vibrantes salas de arte. Alí exhíbense lenzos e esculturas de creadores de prestixio, todos eles vinculados dalgún xeito con Beny Fernández, o impulsor desta iniciativa no corazón da "cidade olívica", xusto enfronte do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).

Máis de corenta artistas participan nesta exposición, entre eles o escultor Armando Martínez, cuxas raíces se atopan na Ermida, nas faldas do Paradanta, en O Covelo.

Aínda que o cruceiro que preside a Casa Consistorial desde 1899 é obra do mestre canteiro José Cervino, Martínez é autor de innumerables obras públicas. Entre elas destaca un Santiago Apóstolo en Irlanda, unha peza de lousa de 70 quilos, 70 centímetros de alto por 40 de ancho, que se atopa na Igrexa de St. James, un templo do Camiño de Santiago en Dublín.

IMG20250710131117
Obra de Armando Martínez.

Armando Martínez é recoñecido precisamente pola súa obra pública, caracterizada por un traballo lineal centrado na figura e a súa estilización. En Galicia, creou 18 esculturas, incluíndo unha de Rosalía de Castro en Vigo. Porén, a súa produción máis prolífica atópase no país veciño, Portugal, destino ao que viaxa estes días.

Aos 23 anos, Martínez residiu un ano e medio en Coímbra, e desde entón nunca se desvinculou de Portugal, Realizou 78 esculturas públicas das cuales 55 esculturas no país veciño. Entre elas atópanse o "Busto do Padre Pías" en Monção; "Inés de Castro" en Montemor-o-Velho; "Homenaxe os Mortos", un bloque de cristal de 3 metros de alto que conmemora a tres persoas atropeladas no Camiño de Fátima; "Homenaxe aos Peregrinos" en Mortágua; ou mesmo o "Círculo Megalítico" en Mealhada.

IMG20250710131056

En Vigo, o escultor forma parte de artVIGO, compartindo espazo con Chelo Martínez e Barreiro. Entre as súas obras de pequeno formato pódense admirar "El rostro", unha peza de cerámica; "Erotismo estilizado", en lousa negra; "Románico", de cristal de calcita; "Timidez", tamén en cristal de calcita; ou "Venus", realizada en muíños azuis.

A labor de Armando Martínez non coñece concesións; débese por completo ao seu oficio e á interacción coas diversas pedras que emprega na súa arte.

Armando Martínez, o escultor que volve a Portugal
Comentarios