sábado. 04.05.2024

O alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación inaugura unha mostra dos traballos deste curso

Esta exposición, que estará aberta ata o vindeiro 28 de xullo, é unha mostra dos traballos elaborados polo alumnado da Escola de Artes e Oficios durante o curso 2022/23. Nesta mostra poderanse atopar obras dos alumnos e alumnas que traballan diariamente nas disciplinas de debuxo, pintura, talla en madeira, modelado en barro e olería na Escola provincial de Artes e Oficios, impulsada pola Deputación no ano 1891, e que segue sendo berce de creatividade ourensá 132 anos despois.
Un momento da inauguración das mostra.
Un momento da inauguración das mostra.
O vicepresidente primeiro en funcións, Rosendo Fernández, participou esta tarde na Biblioteca Pública Nós na inauguración da exposición de fin de curso do alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación, nun acto que tamén contou coa presenza da directora da biblioteca, Rosa Díaz Naya, e o director do Marcos Valcárcel, Francisco González.

Esta exposición, que estará aberta ata o vindeiro 28 de xullo, é unha mostra dos traballos elaborados polo alumnado da Escola de Artes e Oficios durante o curso 2022/23. Nesta mostra poderanse atopar obras dos alumnos e alumnas que traballan diariamente nas disciplinas de debuxo, pintura, talla en madeira, modelado en barro e olería na Escola provincial de Artes e Oficios, impulsada pola Deputación no ano 1891, e que segue sendo berce de creatividade ourensá 132 anos despois.

Segundo explican dende a Escola, nesta ecléctica escolma de obras “xeramos un percorrido polas distintas disciplinas, onde é posibel atopar diversos estilos e xeitos de achegarse á creación. Búscase un diálogo entre obras de carácter máis clásico e academicista con outras pezas de factura máis contemporánea”.

O percorrido que nos brinda o espazo da Biblioteca Pública Nós, remarcan, “sérvenos para amosar a creatividade e o bo facer do alumnado da Escola e a interacción dos diversos xeitos de expresarse mediante as artes e os oficios” .

O alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación inaugura unha mostra dos...
Comentarios