lunes. 15.07.2024

A Solaina de Piloño, un soño feito realidade en terras de Carbia

En Piloño, unha freguesía en terras de Carbia non moi lonxe do Encoro de Portodemouros, existiron noutrora afamados artícifes que golpeando no angra forxaron pezas artisticas como "O Labrego" realizado con apeiros de labranza polo ferreiriño de Paxariñas, neto de Andrés Lareo Vaamonde e fillo de Manuel Lareo Vázquez, ambolosdous de oficio traballar no ferro, de quen herdou a paixón pola forxa que acabou por convertila no seu estudio.

 

Solaina2
A Solaina de Piloño.

Con frecuencia asociase o medio rural coas manifestacións artísticas que consume o pobo, en oposición a académica.

En Piloño, unha freguesía en terras de Carbia non moi lonxe do Encoro de Portodemouros, existiron noutrora afamados artícifes que golpeando no angra forxaron pezas artisticas como "O Labrego" realizado con apeiros de labranza polo ferreiriño de Paxariñas, neto de Andrés Lareo Vaamonde e fillo de Manuel Lareo Vázquez, ambolosdous de oficio traballar no ferro, de quen herdou a paixón pola forxa que acabou por convertila no seu estudio.

A Solaina de Piloño.
A Solaina de Piloño.

Si señor, o inesquecible Paco Lareo acompañado noutrora por autoridades cruceñas, políticas, relixiosas e culturais, uns e outros comprometendose para convertir aquela freguesia nun referente cultural, xa coñecido alen mar. 

Un lugar de encontro, mostrando ós foráneos que nas aldeas tamen teñen cabida para arte contemporáneo e así foi a necenza de A Solaina de Piloño, no ecuador dos anos oitenta, días que inesquecible Paco cruzara o Atlántico desde Venezuela para regresar o seu niño natal e dar visibilidade a novos valores e veteranos, mostrando diferentes formas de entender e concebir o vangardísmo, nun marco rural sen romper coa atmosfera campesiña.

Paco Lareo, fundador de A Solaina. PACO PENAS.
El inolvidable Paco Lareo, fundador de A Solaina de Piloño. PACO PENAS.

A Asociación Cultural "O Labrego" e  A Solaina  Bohemia foron o primeiros abrollos e unha vez legalizado convertiuse o espazo na Fundación Casa Museo de Piloño para dar paso as Xuntanzas de Artes Internacionais.

LAXEIRO DEIXOU ESCRITO NO CATÁLOGO

 "Lalin dende hoxe ten en si o soño máis fermoso dun pobo. Xa non hai quen apague esta luz creadora. Todo o Deza e Trasdeza están vivindo o misterio máis profundo do ser humán. Aquel día que se xuntaron en Piloño uns cantos artistas e dixeron en pedra, ferro, pepel e tela unhas cuantas palabras son as que hoxe están aquí na primeira exposición das obras  do Museo A Solaina de Piloño. Alegrámonos todos deste momento".

A Solaina de Piloño, un soño feito realidade en terras de Carbia
Comentarios