lunes. 03.11.2025

A Agrupación Musical do Rosal (AMdoR) conmemora o seu 39º aniversario cun evento musical único o vindeiro sábado 3 de maio ás 20:00 h no Auditorio do Rosal. A celebración contará coa actuación da prestixiosa Banda Sinfónica La Lira de Pozuelo (Madrid), dirixida por Maxi Santos, nun concerto que tamén servirá para celebrar unha longa amizade musical.

Recoñecida a nivel nacional, La Lira de Pozuelo compartirá escenario coa AMdoR, dirixida por Javier Alonso, nunha noite que conmemora 33 anos do seu primeiro intercambio musical en 1992. A AMdoR interpretará a desafiante obra "Dance movements" de Philip Sparke. As entradas anticipadas teñen un prezo de 4 euros (2 para socios) e custarán 5 euros na billeteira o día do concerto, con apertura de portas ás 19:30 h.

A Agrupación Musical do Rosal celebra o seu 39º aniversario cun concerto especial da...
Comentarios