viernes. 26.04.2024

A Real Filharmonía de Galicia presenta mañá mércores a súa nova temporada de concertos 2020-2021, na que se conmemora o 25º aniversario da orquestra. Será ás 10:30 horas no Auditorio de Galicia ou por streaming a través da web ou da canle de Youtube do Concello. Ao acto asistirán o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

Durante o acto presentaranse os concertos que a orquestra ofrecerá na súa sede, o Auditorio de Galicia. Darase conta das principais obras que se interpretarán. Abordaranse as estreas, así como os directores e solistas que colaborarán coa RFG ao longo da temporada. Tamén se informará sobre os concertos didácticos e familiares que se celebrarán; a participación da orquestra en diferentes iniciativas; xunto ás actuacións que está previsto realizar noutras cidades galegas e noutros puntos da propia cidade.

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa nova temporada de concertos