sábado. 20.07.2024
Grandes músicos, os eventos recoñecidos e as actividades para os cativos

O Verán Cultural de Salvaterra máis amplo e para todos os públicos

Un dos grandes atractivos culturais do concello de Salvaterra é o Verán Cultural non só para os nosos veciños e veciñas senón para moita xente doutros concellos que se achega cada ano para desfrutar da nosa programación. "Como pioneiros nesta axenda cultural que renovamos cada ano e conscientes da importancia que ten para Salvaterra de Miño, nesta edición ampliamos o tempo de duración con eventos imprescindibles que comezarán o 28 de xullo e que continuarán ata o 27 de agosto", din nun comunicado do Concello. .

Trátase dun gran esforzo por parte do Concello de Salvaterra de Miño para ofrecer actividades culturais tanto para maiores como para os máis pequenos. Nesta edición, ademais dos concertos de grandes artistas e grupos como , Verónica Codesal o 28 de xullo, Carlos Núñez o 29 de xullo, A Roda e Lucky Duckies o 25 de agosto, Son de Seu e Fanfarria Taquicardia o 26 de agosto e O Fiadeiro, La Sombra de Justine e La Patrulla o 27 de agosto.

Outra parte importante da programación serán eventos recoñecidos: O Mundo a Danzar o 31 de xullo, O Son da Muralla o 5 de agosto, Imos de Guateque o 12 de agosto e os días 25, 26 e 27 de agosto a Festa do Viño que serán eixe principal das actividades do Verán Cultural.

Os concertos complétanse con outras actividades nas que destacan as infantís onde os nosos cativos teñen un papel protagonista. Proximamente avanzaremos o programa cultural completo.

O Verán Cultural de Salvaterra máis amplo e para todos os públicos
Comentarios