sábado. 20.04.2024

Nunha aposta pola

reciclaxe e a recollida selectiva o Concello de Tui, a través da concellería de

Medio Ambiente, vén de ampliar a recollida de aceite de cociña usado tanto no

centro urbano coma parroquias tudenses cun total de 27 colectores a dispor da

poboación.

Estes días están

a ser renovados os 13 colectores para a recollida deste produto que existían no

centro urbano, e están a colocados novos contedores nas distintas parroquias,

nun proceso que se prolongará até o mes de marzo. Conta xa co servizo Areas,

Randufe, San Bartolomeu de Rebordáns, e Caldelas.

Tui amplía a recollida de aceite de cociña cun total de 27 colectores