viernes. 29.03.2024

Transformación dixital e modernización dos comercios vigueses

Este ano este programa contará cun orzamento de 3 millóns de euros, e sumarase á axuda do fondo tecnolóxico, única dotada con fondos europeos Next Generation, e centrada en aspectos como a transformación dixital, a eficiencia enerxética e a mellora da experiencia de compra dos usuarios. No mes de decembro lanzouse unha primeira convocatoria do fondo tecnolóxico, con 2,7 millóns de euros de orzamento. En fase de resolución, o programa tivo unha grande acollida, con máis de 367 axudas solicitadas. A segunda convocatoria publicarase nesta primavera cun importe de 2,9 millóns de euros, alcanzando así os 5,6 millóns de euros.
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Vigo o establecemento Muebles Edra.
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Vigo os establecementos Muebles Edra.

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, salientou hoxe o impulso da Xunta de Galicia á transformación dixital e sustentable do comercio de proximidade. Heredia visitou en Vigo os establecementos Muebles Edra e Bajozerosnow, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización dos comercios e obradoiros artesáns, co que o ano pasado se mobilizou un investimento público-privado de preto de 200.000 euros en 52 negocios da cidade, con axudas por máis de 157.000 euros.

comercios2
Bajozerosnow tamén participou no programa.

Este ano este programa contará cun orzamento de 3 millóns de euros, e sumarase á axuda do fondo tecnolóxico, única dotada con fondos europeos Next Generation, e centrada en aspectos como a transformación dixital, a eficiencia enerxética e a mellora da experiencia de compra dos usuarios. No mes de decembro lanzouse unha primeira convocatoria do fondo tecnolóxico, con 2,7 millóns de euros de orzamento. En fase de resolución, o programa tivo unha grande acollida, con máis de 367 axudas solicitadas. A segunda convocatoria publicarase nesta primavera cun importe de 2,9 millóns de euros, alcanzando así os 5,6 millóns de euros.

En total, este ano destínanse 24 millóns de euros a impulsar a competitividade do sector comercial e artesanal; crear un hub de innovación comercial e artesanal para desenvolver novos modelos de negocio e mellorar a competitividade do sector; así como impulsar a formación e capacitación para os profesionais deste ámbito, entre outros. As medidas específicas para este ano da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que se suman aos apoios doutros departamentos da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -como Inega e Igape-, así como da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, irán en liña co diagnóstico realizado co sector a partir de enquisas ás asociacións, estudos do sector e agrupacións sectoriais.

Transformación dixital e modernización dos comercios vigueses
Comentarios