viernes. 29.03.2024

O grupo de teatro San Fins de Rebordáns estreará “A comisión da Valadas” no Teatro Municipal e Tui ás 21 h na segunda xornada da XIII Semana de Teatro Amador. Nove actores e actrices, baixo a dirección de Laura Villaverde, porán en escena esta comedia na que ante a falla de comisión de festas para facer os festexos do pobo de Valadas un grupo de mulleres asume o reto non sen atrancos. As entradas están á venda en tui.gal ou poderán mercarse mañá mércores dende ás 20 h no despacho de billetes a un prezo de 2€.

Coral Centro Sociocomunitario.
Coral Centro Sociocomunitario.

Previamente ás 18 h na carpa da Corredoira actuará Brais das Hortas con ‘Concertasso na Horta’ para público familiar. A xornada abrirase ás 16.30 h no centro de día Amoralia coa actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, nunha iniciativa dentro da programación das festas que leva a música até as persoas maiores do centro de día e das residencias tudenses.

Teatro e música este mércores na programación das Festas de San Telmo
Comentarios