sábado. 04.05.2024

Soutomaior reforma a entrada principal do campo de fútbol municipal de Candán

Cambiaranse o portalón e as portas de entrada do campo, porase un novo despacho de billetes e xardineiras e mellorarase tanto a iluminación interior deste novo local como o exterior, onde tamén se colocarán as letras co nome do complexo deportivo. Ademais, entre os traballos a realizar contémplase a substitución da cuberta na terraza da cantina, a instalación do solado do local da lavandería, dentro dos vestiarios, e unha porta na entrada do baño. Por último, o goberno local procederá a instalar unha rede de protección detrás das porterías.
Campo de Fútbol Municipal-Graciano Padín O Candán.
Campo de Fútbol Municipal-Graciano Padín O Candán.

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de 57.000 € ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 4 millóns de euros, para o Concello de Soutomaior. Con estes recursos, o Goberno local reformará a entrada principal do campo de fútbol municipal de Candán e realizará outras melloras.

Desta maneira, cambiaranse o portalón e as portas de entrada do campo, porase un novo despacho de billetes e xardineiras e mellorarase tanto a iluminación interior deste novo local como o exterior, onde tamén se colocarán as letras co nome do complexo deportivo. Ademais, entre os traballos a realizar contémplase a substitución da cuberta na terraza da cantina, a instalación do solado do local da lavandería, dentro dos vestiarios, e unha porta na entrada do baño. Por último, o goberno local procederá a instalar unha rede de protección detrás das porterías.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento 1,9 dos 4 millóns de euros do orzamento total, con achegas, ademais de para Soutomaior para A Cañiza, A Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Soutomaior reforma a entrada principal do campo de fútbol municipal de Candán
Comentarios