viernes. 29.03.2024

 O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ordes e Viveiro.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 5 de xuño.

Sanidade establece o nivel máximo de restricións nos concellos de Mos e A Pobra do...