sábado. 27.04.2024

A Subdirección Xeral de Planificación e Xestión da Formación Profesional acaba de informar da resolución de concesión de axudas para a creación dunha rede estatal de Centros de Capacitación Dixital da que Salvaterra de Miño formará parte.

Para a súa posta en marcha o Concello de Salvaterra de Miño recibirá 24.500 euros cos que se pretende achegar a cidadanía formación en competencias dixitais transversais, ofrecendo posibilidades de formación con independencia do lugar de residencia ou formación previa da mesma e facilitando, polo tanto, un acceso á formación compatible coas obrigas da cidadanía derivadas de distintas condicións persoais, laborais ou sociais.

Unha vez creado o centro impartirase formación que consistirá en cursos de dixitalización aplicada, enfocados en competencias dixitais básicas, contemplándose a asistencia presencial

Salvaterra terá un centro de capacitacion dixital
Comentarios