sábado. 05.10.2024

Salvaterra plantea o reto de aumentar un 10 % as cifras de recuperación envases de plástico, latas e briks

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Mª Sagrario Pérez Castellanos,  explicou que as localidades que logren o reto recibirán como recompensa 1.500 euros, unha cantidade que deberán destinar á causa social local que elixan.
A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, coas monitoras Eva e Lidia que visitarán todos os comercios da nosa vila explicando o reto.
A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, coas monitoras Eva e Lidia que visitarán todos os comercios da vila explicando o reto.

Comeza  a campaña de Ecoembes 'Únete ao reto', que ten como obxectivo fomentar a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks en contedores amarelos.

O reto consiste en incrementar, polo menos, nun 10 % as cifras de recuperación deste tipo de residuos con respecto ao ano anterior. Para cumprir o obxectivo, os municipios como Salvaterra contarán con programación especial nas nosas rúas durante tres meses seguintes para concienciar á cidadanía da importancia e os beneficioso que é para o medio ambiente este pequeno xesto.  

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Mª Sagrario Pérez Castellanos,  explicou que as localidades que logren o reto recibirán como recompensa 1.500 euros, unha cantidade que deberán destinar á causa social local que elixan.

Entre as medidas que se levarán a cabo para superar o desafío, está a instalación de contedores xigantes e a realización actividades de concienciación a pé de rúa. Estas accións serán promovidas polos 16 monitores do proxecto, que estarán un mínimo de 4 días en cada un dos 11 municipios que colaboran na campaña.  

A nosas monitoras Eva e Lidia xa están con nos e hoxe visitarán todos os comercios da nosa vila explicarlles os beneficios do reciclaxe todo o que eles poden aportar.

Salvaterra plantea o reto de aumentar un 10 % as cifras de recuperación envases de...
Comentarios