martes. 04.11.2025

Co verán á volta da esquina, o Concello de Salvaterra de Miño está a ultimar os detalles para a apertura das súas piscinas municipais durante o mes de xuño. As instalacións permanecerán abertas ata mediados de setembro, ofrecendo un espazo de lecer e refresco para veciños e visitantes.


Reforzo de persoal para garantir o servizo

Para asegurar o bo funcionamento das piscinas, o Concello levará a cabo a contratación de novo persoal. Por unha banda, incorporarase un peón de limpeza e un/unha cobrador/a, grazas ao financiamento do Plan +Provincia.

Así mesmo, contrataranse dous socorristas. Esta contratación é posible grazas a unha cofinanciación entre fondos propios do Concello (6.506,29 euros) e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que achega 6.200,90 euros a través da subvención a entidades locais de Galicia para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento en instalacións acuáticas descubertas.

Nos vindeiros días, o Concello informará sobre o día exacto de apertura e os horarios nos que as instalacións estarán dispoñibles para o público.

Salvaterra de Miño prepara a apertura das súas piscinas para xuño con novas contratacións
Comentarios