jueves. 25.04.2024

   Este xoves cemezou o curso 'Aprende a elaborar os teus textos oficiais' organizado polo Concello de Salvaterra de Miño. Levarase a cabo do 23 de xaneiro ó 13 de febreiro, todos os xoves de 10.30 a 12.00 horas na Casa de Cultura.

   Con esta actividade búscase que todas as persoas aprendan os mecanismos e as ferramentas das que poden dispor para elaborar distintos documentos oficiais válidos na súa vida cotiá, como pode ser facer un  currículo ou cubrir unha instancia. Ademáis, cada alumno e alumna teñen a súa disposición un ordenador con acceso a internet, xa que este curso dase na aula de informática para que tamén se adapten as novas tecnoloxías.

 “É unha maneira de adaptar e achegar a todas as personas ós avances impostos polo ritmo frenético e imparable do mundo actual”, comentaba o Concelleiro de Deporte e Xuventude, Edgar Martínez, durante a visita ó inicio do curso.

 Todavía

quedan algunas prazas libres, polo que dende o Concello anímase a inscribirse a

todas esas persoas ás que lles poida interesar.

Salvaterra enseña a elaborar textos oficiais