sábado. 10.12.2022

Salvaterra chea de burbullas de viño espumoso

A oitava edición da Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas volve ao recinto amurallado de Salvaterra os próximo 3 e 4 de decembro.  Todo un luxo para os amantes dos espumosos que, ademais, poderán aprovisionarse para o vindeiro Natal de viños da nosa terra. 
A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, brinda na Festa dos Espumosos en 2019.
A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, brinda na Festa dos Espumosos en 2019.

A oitava edición da Festa do Viño Espumoso da DO Rías Baixas volve ao recinto amurallado de Salvaterra os próximo 3 e 4 de decembro.  Todo un luxo para os amantes dos espumosos que, ademais, poderán aprovisionarse para o vindeiro Nadal de viños da nosa terra. 

Os espumosos galegos poderanse degustar maridados con ostras, empanada, mexillóns, tapas, embutidos, filloas, bombóns, turrón e chocolate. 

O brinde de Luís Paadín con todas as autoridades.
O brinde de Luís Paadín con todas as autoridades.

Ás 12.00 horas do sábado día 3, no recinto amurallado van soar as gaitas da Pontenova. A esa hora está prevista a apertura de estands. 

A espectacular apertura de botellas de espumoso co método de 'degüelle a sable' é ás 13.00 horas. Media hora máis tarde, actúa o grupo Montecelo. 

Xa pola tardiña, ás 18.30, haberá un coloquio sobre os espumosos que dirixirán Luís e Alejandro Paadín, o primeiro Ambassadeurs du Champagne de España e Formadores homologados de cava. 

A Confraría do Viño do Condado do Tea e Empusos, tras a investidura de novos confrades en 2019.
A Confraría do Viño do Condado do Tea e Empusos, tras a investidura de novos confrades en 2019.

A primeira xornada rematará cos concertos de Julia Rodrígues e Broken Peach a partir das 21.30 horas. 

A segunda xornada, o domingo 4, comeza coa apertura de estands ás 11.00 horas. Media hora máis tarde, evento de nomeamento de confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos.

A media mañá, ás 12.00 horas, o recinto da carpa cheo de público vai vibrar coa presentación de harmonías e brinde que ofrecerá Luís Paadín cunha nova apertura de 'degüelle a sable'.

Confrades degustando os espumosos con productos da terra e do mar.
Confrades degustando os espumosos con productos da terra e do mar.

Ás 14.00 horas concerto de piano de Félix Cebreiro coa voz de Mary Costa. Ás 16.00 horas, novo concerto de piano. Dúas horas máis tarde, o grupo Amnesia ofrecerá o seu concerto. 

De 20 a 23 horas, realización do programa da TVG 'Festeiros' coa actuación de Alberto Cunha e a do grupo 'Algo pasa con Mary'. 

Deste xeito, Salvaterra volve render homenaxe aos nosos espumosos da DO Rías Baixas, ideais para as festas de Nadal.  

Salvaterra chea de burbullas de viño espumoso
Comentarios