jueves. 06.10.2022

Salvaterra anima a lectura mediante actividades nas parroquias da Biblioteca Viaxeira

Son cinco as actividades da 'Biblioteca Viaxeira' que comezan o mércores 21 de septembro, ás 18.00 horas, cunha actividade de animación: 'O museo científico' que imparte Xesús Fernández, na Biblioteca Municipal de Salvaterra.

A Biblioteca de Salvaterra incorpórase ao programa de dinamización da lectura a través da Biblioteca Viaxeira 

Son cinco as actividades da 'Biblioteca Viaxeira' que comezan o mércores 21 de septembro, ás 18.00 horas, cunha actividade de animación: 'O museo científico' que imparte Xesús Fernández, na Biblioteca Municipal de Salvaterra.

O venres, 30 de septembro, ás 16.30 horas, Esteban Tarabalos, dirixe a actividade 'Consto nunha roda: Manuel e Manuel, no Centro Cultural Porto. 

As actividades de Biblioteca Viaxeira, continúan con Xulio Varela, na Casa de Cultura de Pesqueiras, o 4 de outubro, ás 17.00 horas, coa actividade de animación á lectura titulada 'Con Ciencia de Muller'.

'Foto conto' é un obradoiro de animación á lectura, impartido por Xulio Varela, na casa de Cultura de Fornelos, o martes 11 de outubro, ás 17.00 horas. 

Finalmente, o martes 18 de outubro, ás 17.00 horas, na Casa Cultural de Lira, outra actividade de animación á lectura, 'Da árbore ao libro' impartida polo grupo Cuarto de Inverno. 

Para participar nestas actividades, cómpre apuntarse no 637 108 343 ou no correo [email protected]

Salvaterra anima a lectura mediante actividades nas parroquias da Biblioteca Viaxeira
Comentarios