lunes. 14.10.2024

Os concellos do Rosal, A Guarda e A Laracha reforzaron a súa irmandade arredor das telleiras cun emotivo acto celebrado esta fin de semana no municipio coruñés, onde asinaron un Pacto de Amizade que culmina meses de colaboración. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, concelleiros, cabaqueiros rosaleiros e as súas familias participaron neste encontro que busca recuperar e poñer en valor o patrimonio cultural e a memoria das antigas telleiras.

A xornada incluiu un roteiro polas antigas telleiras e unha demostración artesanal de Pepe O Buraco, cabaqueiro retirado do Rosal. A alcaldesa destacou a importancia de manter viva esta historia compartida: “Recuperar e manter viva a historia das telleiras é preservar a identidade común dos nosos pobos”. O acto concluíu coa presentación do libro de Xabier Maceiras, As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño, que documenta a relación entre estes tres concellos e a súa relevancia na industria artesanal galega.

Este pacto é o primeiro paso dunha serie de iniciativas destinadas a fomentar a investigación sobre os oficios tradicionais, desenvolver actividades educativas e visibilizar os espazos históricos vinculados ás telleiras. "Conservando o noso pasado, aseguramos o noso futuro", concluíu a rexedora.

O Rosal, A Guarda e A Laracha selan un pacto para preservar a memoria das telleiras e...
Comentarios