viernes. 19.08.2022

Roi Casal en concerto a Herville-Mos

O concerto terá lugar, con entrada libre e totalmente de balde, en Herville o vindeiro sábado, 6 de agosto, ás 23.30 horas da noite. Son galego, Son cubano é o gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia. Xurde como proposta do Instituto Cubano da Música a Roi Casal, tras recibir o artista galego o Premio Internacional Cubadisco.
O Secretario Xeral estivo acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e membros da Comisión de Festas da Virxe das Neves de Herville.
O Secretario Xeral estivo acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e membros da Comisión de Festas da Virxe das Neves de Herville.

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou hoxe en Mos, na Virxe das Neves de Herville, o concerto de Roi Casal, Son Galego, Son Cubano, que a Xunta de Galicia financia a través da consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Na presentación o Secretario Xeral estivo acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e membros da Comisión de Festas da Virxe das Neves de Herville que mañá celebra o seu día grande.

O concerto terá lugar, con entrada libre e totalmente de balde, en Herville o vindeiro sábado, 6 de agosto, ás 23.30 horas da noite. Son galego, Son cubano é o gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia. Xurde como proposta do Instituto Cubano da Música a Roi Casal, tras recibir o artista galego o Premio Internacional Cubadisco

2014 na illa caribeña.

Durante os dous anos seguintes, Roi Casal traballou conxuntamente con Neira Vilas, un dos escritores galegos máis importantes de todos os tempos, na concepción e elaboración deste proxecto internacional.

No disco, grabado na Habana en Marzo de 2016, participaron os algúns dos mellores músicos cubanos como Pablo Milanés, Laritza Bacallao, Miguel Núñez, Osmani Sánchez, Jorge Jorge Leliebre, César López... e da parte galega, figuras destacadas como Nando Casal (Milladoiro) ou Carlos Calviño.

A xira estreouse con dous concertos antolóxicos no Gran Teatro de La Habana en doble función os dias 27 e 28 de Maio, coas máis de 3.000 localidades esgotadas nas duas funcións.

Actualmente atópase de xira en Europa, cunha banda excepcional de músicos de Cuba e Galicia, no que é considerado o maior espectáculo entre a península e o caribe.

Roi Casal en concerto a Herville-Mos
Comentarios