viernes. 29.03.2024

Cinco restaurantes tudenses se suman á proposta do Concello para enxalzar o meixón

O meixón é o protagonista gastronómico en Tui durante este mes de abril con motivo das Festas de San Telmo. Mañá mesmo, 8 de abril, comeza a Festa do Meixón, en cinco restaurantes tudenses que se sumaron á proposta do Concello de Tui para enxalzar este prato e ofrecer durante estas semanas este prezado produto.
Presentación da Festa do Meixón.

Esta mañá presentouse este festexo gastronómico, un acto no que o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convidaba a gozar deste evento, e agradecía a implicación por parte dos restaurantes que se suman á festa. Destacaba Enrique Cabaleiro esta festa coma “significativa e importante” polo seu valor gastronómico, e por ser unha das dúas deste produto que se celebran en España. Sinalaba o rexedor tudense sobre o meixón que “este é un produto identitario da nosa gastronomía que forma parte das nosas raíces culinarias”.  Engadía que A administración debe facer o posible por tratar de potenciar este produto, que non deixa de ser un reclamo que redunda positivamente no comercio e na hostalería local. 

Na presentación desta mañá as cociñeiras e cociñeiros dos restaurantes participantes eran os encargados da preparación do meixón. Pilar Blanco, veterana cociñeira do Restaurante El Molino destacaba coma o secreto na preparación do meixón está en “darlle o punto”. Canda a ela estaban María Domíguez do Novo Cabalo Furado, Miguel Rodríguez e Emilio González do Parador, Manu Garrido de La de Manu e Paulo Salvado de Asador Paulo. E para acompañar este suculento prato nada mellor que un viño de produtores locais coma é a adega do Vimbio. Esta mañá Martín Crussat explicaba as característicos do viño Vimbio, un albariño que “tentamos que reflicta a alma e o espírito dos viños que se bebían antigamente: pouca intervención e moito cariño”.

Dende mañá no Asador Paulo,  El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, e no Parador de Tui poderase degustar, previa reserva en cada establecemento, a ración, con pan e unha copa de viño a un prezo de 69 €. O produto é subministrador por Angulas Río Miño e Angulas Miño.

Cinco restaurantes tudenses se suman á proposta do Concello para enxalzar o meixón