viernes 20/5/22

Primeira Promoción do Grao Profesional do Conservatorio de Música de Torroso

Hoxe graduáronse en Torroso un total de 9 alumnos/as de entre 17 e 18 anos de idade: 1 trompa, 2 gaitas, 1 percusión, 2 flautas, 1 trompeta, 1 violín, 1 guitarra e 1 alumno que se gradúa en 2 especialidades: clarinete e gaita.
Torroso
Torroso

Esta tarde tivo lugar no auditorio do Centro Dotacional de Torroso a cerimonia de graduación da Primeira Promoción do Grao Profesional do Conservatorio de Música de Torroso desde que se creou en 2016. Trátase da promoción 2016-2022.

Asistiron ao acto para acompañar e felicitar aos graduados o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, que exerceu como padriño, e a alcadesa de Mos, Nidia Arévalo.

Hoxe graduáronse en Torroso un total de 9 alumnos/as de entre 17 e 18 anos de idade: 1 trompa, 2 gaitas, 1 percusión, 2 flautas, 1 trompeta, 1 violín, 1 guitarra e 1 alumno que se gradúa en 2 especialidades: clarinete e gaita.

Alumnos que hoxe celebraron a súa graduación.

1. Alem Alonso Rodríguez (especialidade de trompa)

2. David Castañeda Vallejo (especialidade trompeta)

3. Katya Cordon Vieito (especialidade percusión)

4. Rita Carlota Diéguez Aller (especialidade violín)

5. David Misa Rodríguez (especialidade gaita)

6. Laura Xiang Pérez Cerqueira (especialidade guitarra)

7. Andrea Pérez Vilaboa (especialidade frauta travesa)

8. Manel Quintas Pérez (especialidade frauta travesa)

9. Miguel Sanromán Alonso (especialidades gaita e clarinete)

O número total de profesores cos que conta a Escola de Música de Mos ascende a 29.

A Escola de Música, creada polo Centro Cultural de Torroso, iniciou a súa actividade en 1985, fai xa 37 anos. É Conservatorio Profesional desde fai 6 anos, desde o 2016; e ten un orzamento de gasto anual de 270.000€.

Primeira Promoción do Grao Profesional do Conservatorio de Música de Torroso
Comentarios