miércoles. 24.04.2024
TermasSalvaterra2
O río Miño e Portugal ao fronte das Termas de Teáns-Oleiros.

Alfonso Rueda, titular da Xunta de Galicia, visita Salvaterra de Miño para inaugurar o complexo das termas, en Teáns-Oleiros, este domingo 3 de xullo, a partir das 12.00 horas, segundo soubo DL-G.

Consta de 4 pozas termais de baño, 3 grandes de aproximadamente 140m2 de superficie, cunha profundidade de 0,60 metros e unha poza pequena de aproximadamente de 30m2 de superficie e 1,40m de profundidade, cun decantador para as augas, que posteriormente verten ao Río Miño.

Conta cunha autorización da Confederación Hidrográfica Miño Sil y de la Consellería de Medio Ambiente.

A Auga foi declarada minero–medicinal e Termal, previo informe favorable do Instituto Xeolóxico e mineiro de España de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia.

Están situadas en Salvaterra de Miño, lugar de Teans- Oleiros, á orilla do Río Miño, fronte a vila de Monçao e a 1 quilómetro da Ponte Internacional augas arriba . O seu recinto conta con 3.000m2 entre instalacións e zonas verdes, ademais dun parque público.

O presidente da Xunta inaugura as Termas de Salvaterra
Comentarios