jueves. 18.04.2024

O Concello do Porriño fixo entrega onte das tres cestas de Nadal que sorteou por mercar no comercio, praza de abastos e hostalería local. As galardoadas foron Puri Lorenzo, Adela Freiría e Obdulia Martínez. Todas elas recibiron unha cesta con produtos de Nadal!.

Foron máis de 6000 os boletos que se entregaron cubertos para participar no sorteo que se celebrou onte no salón de plenos. Todos eles correspondentes a compras nos establecementos comerciais e hostaleiros do Porriño e nos postos da Praza de Abastos.

“Noraboa a todas e moitísimas grazas a todas as persoas que participaron e ao tecido comercial e hostaleiro por acoller tan ben esta iniciativa”, indicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “A alta participación é un bo sinal. É sinal de que a nosa economía se move e a xente consume no Porriño”.

Premiadas por mercar no comercio local
Comentarios