O Porriño vibra co día grande das Festas de San Bieito: tradición, música e solidariedade
O Porriño está a vivir con intensidade as súas Festas de San Bieito, que onte arrancaron cunha noite de baile e troula grazas ás actuacións da Orquestra Gran Parada e Mano de Santo DJ Festival, reunindo a centos de persoas e dando o pistoletazo de saída a unha celebración moi agardada.
Hoxe, 11 de xullo, é o día grande, e o barrio de San Bieito espertou envolto en emoción e orgullo. A mañá comezou cunha misa ás 9:00 h na Capela de San Bieito, seguida da solemne misa das 12:00 h na Igrexa de Santa María, que contou coa participación da Coral da Escola Municipal de Música. Tras a eucaristía, a procesión percorreu os barrios de San Bieito e San Sebastián, acompañada pola Banda da Escola Municipal de Música, nun acto que uniu a veciños e visitantes.
Solidariedade na poxa do acio de uvas
Un dos momentos máis agardados e emotivos da xornada foi a tradicional poxa benéfica do acio de uvas do Santo. Un ano máis, a poxa estivo chea de participación e piques amigables entre os asistentes. Nesta edición, recadáronse 635 euros, unha cantidade que será destinada integramente á AECC (Asociación Española Contra o Cancro) do Porriño, transformando esta arraigada tradición nun fermoso xesto de solidariedade. As novenas, que se viñan celebrando desde o 2 de xullo, tamén chegan hoxe ao seu final cunha última sesión ás 20:00 h.
Corazón solidario
O Porriño viviu esta mañá un dos momentos máis entrañables e agardados das súas Festas de San Bieito: a tradicional poxa benéfica. Tras a solemne misa na Igrexa de Santa María e a emotiva procesión polos barrios de San Bieito e San Sebastián, a puxa reuniu a numeroso público que participou activamente, nun ambiente marcado polas risas, a emoción e, como non, o típico "pique" entre os asistentes.
O prato forte da poxa foi, como é costume, o racimo de uvas do Santo, que se adxudicou por 250 euros. Pero a solidariedade non se limitou ás uvas; tamén se poxaron plantas, ovos e aceite, achegando outros 385 euros á causa. En total, a suma recadada ascendeu a 635 euros, que serán doados integramente á AECC (Asociación Española Contra o Cancro) do Porriño.
O acto, que tivo lugar ás 13:30 h, demostrou unha vez máis a implicación solidaria dos veciños do Porriño, mesturando a devoción e a cultura propias destas festas cun innegable compromiso social. Ao remate da poxa, o ambiente seguiu festivo co concerto da Banda de Música da Escola Municipal.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, puxo en valor esta singular tradición. "A puxa do racimo de San Bieito é un símbolo da nosa identidade como pobo. É un momento de festa, si, pero tamén de solidariedade. Este ano, o feito de que o recadado vaia destinado á AECC do Porriño converte esta tradición tamén nunha ferramenta de apoio real para quen máis o necesita", destacou Lorenzo.
A festa continúa e conecta con Porrigalia
Pola tarde, a celebración continúa con forza: ás 19:30 h actuará o grupo Os Zoqueiros, seguido da misa vespertina na Igrexa de Santa María ás 20:00 h. A noite promete un gran peche para as festas de San Bieito, coa Orquestra Los Player’s e o esperado concerto de Roi Casal, que ofrecerá un espectáculo para todos os públicos a partir das 21:30 h.
O alcalde tamén quixo resaltar o gran ambiente que se vive nas rúas, "colmadas de xente, tanto do Porriño como doutros concellos da contorna". Ademais, lembrou que "mañá comeza a Porrigalia, así que isto non remata aquí", anticipando máis días de festa e alegría na localidade.
Desde o Concello do Porriño, celébrase que un ano máis esta puxa tan propia siga viva, sexa solidaria, e que a festa de San Bieito continúe facendo historia grazas ao pulo da xente que a mantén con orgullo.
A festa segue esta tarde e noite
A programación festiva continúa sen descanso. Pola tarde, ás 19:30 h, terá lugar a actuación do grupo Os Zoqueiros. Ás 20:00 h celebrarase a misa vespertina na Igrexa de Santa María. A noite promete seguir sendo vibrante, a partir das 21:30 h, coa música da Orquestra Los Player’s e un esperado concerto do recoñecido artista Roi Casal, que ofrecerá un espectáculo para todos os públicos.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, anima a todos e todas a participar nestas celebracións: “Estas festas de San Bieito son un reflexo do mellor do Porriño: tradición, alegría, familia e participación. A xente enche as rúas con ilusión e iso é o que fai máxica esta celebración”. Ademais, o rexedor quixo agradecer de forma especial a colaboración da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, así como a de todas as entidades que fan posible esta celebración ano tras ano.
Desde o Concello do Porriño, convidan a todo o mundo a seguir desfrutando desta festa que nos une e nos representa.