lunes. 14.10.2024

O Porriño conciencia a súa poboación máis vulnerable sobre as emerxencias relacionadas co cambio climático

Mediante o proxecto PROTEMPO, a AXEGA pretende reforzar a transferencia de coñecementos aos grupos de poboación máis vulnerables, os nenos e as persoas maiores, co fin de que sexan conscientes e teñan capacidade para actuar ante os riscos de emerxencias relacionados co cambio climático, cada vez máis frecuentes e de maior virulencia, para conseguir un incremento da eficacia na prevención, mediante campañas e accións de capacitación cara ao público obxectivo con menor coñecemento sobre como protexerse ante as distintas situacións de emerxencia climática.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, xunto coa Directora de Calidade Ambiental, Sagrario Pérez, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, xunto coa Directora de Calidade Ambiental, Sagrario Pérez, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo.

O Porriño acolle a primeira das exposicións itinerantes organizadas pola AXEGA que terán lugar na área transfronteiriza para concienciar á poboación ante as emerxencias derivadas do cambio climático e dos desastres naturais.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, xunto coa Directora de Calidade Ambiental, Sagrario Pérez, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, presentaron esta mañá a mostra enmarcada dentro do proxecto de Protección Transfronteiriza de Emerxencias dirixido á poboación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (PROTEMPO). As exhibicións teñen como obxectivo promover a concienciación sobre o cambio climático e a prevención e xestión de riscos, así como aumentar a resiliencia territorial ante os perigos naturais nas zonas de fronteira.

A do Porriño está instalada no centro cultural e estará dispoñible para toda a poboación durante seis días. A continuación, será posible achegarse a coñecer os avances do proxecto e o contido do diverso material multidisciplinar interactivo nas poboacións de Salvaterra, As Neves, Ponteareas e Tomiño.

Mediante o proxecto PROTEMPO, a AXEGA pretende reforzar a transferencia de coñecementos aos grupos de poboación máis vulnerables, os nenos e as persoas maiores, co fin de que sexan conscientes e teñan capacidade para actuar ante os riscos de emerxencias relacionados co cambio climático, cada vez máis frecuentes e de maior virulencia, para conseguir un incremento da eficacia na prevención, mediante campañas e accións de capacitación cara ao público obxectivo con menor coñecemento sobre como protexerse ante as distintas situacións de emerxencia climática.

Ademais, a finalidade da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da AXEGA, é incrementar a rapidez e a eficacia de resposta dos efectivos de emerxencias, e a súa coordinación coa cidadanía, ante os desastres naturais.

Co proxecto PROTEMPO, que comezou no ano 2011 como Ariem112 e despois como ARIEM PLUS, dótase de medios aos diferentes servizos de emerxencias, realízanse simulacros para perfeccionar a coordinación entre as distintas institucións ante unha catástrofe natural e tamén levase a cabo a difusión de material de auto protección a través das distintas canles informativas.

O Porriño conciencia a súa poboación máis vulnerable sobre as emerxencias relacionadas...
Comentarios