Ponteareas pon en marcha un xogo a propósito da presenza dunha veciña no cadro de Velázquez

Las Meninas. Trátase dunha actividade dirixida ao público familiar que ten como obxectivo dar a coñecer a historia desta veciña que pasou á historia por situarse á esquerda da infanta Margarita.
as persoas participantes solucionarán diferentes enigmas nos que terán que botar man do enxeño. Ademais, haberá probas nas que se deberán accionar sensores de luz e de auga ou configurar un crebacabezas e accionar mecanismos con rodas, entre outras cuestións. O circuíto, con varias estancias, está ambientado no famoso cadro de Diego Velázquez.

O Concello rescata a figura da ponteareá María Agustina Sarmiento, unha das meninas que aparece no famoso cadro de Diego Velázquez, mediante a organización dun Escape Room. Trátase dunha actividade dirixida ao público familiar que ten como obxectivo dar a coñecer a historia desta veciña que pasou á historia por situarse á esquerda da infanta Margarita, a protagonista da obra de arte.

O Escape Room, o xogo de aventuras, consiste en resolver un misterio que ten que ver con María Agustina Sarmiento. Para iso, as persoas participantes solucionarán diferentes enigmas nos que terán que botar man do enxeño. Ademais, haberá probas nas que se deberán accionar sensores de luz e de auga ou configurar un crebacabezas e accionar mecanismos con rodas, entre outras cuestións. O circuíto, con varias estancias, está ambientado no famoso cadro de Diego Velázquez.

A actividade está dirixida a persoas adultas e a nenos e a nenas maiores de seis anos e ten unha duración de 60 minutos. Haberá un monitor no exterior no que supervisará ao grupo. O Escape Room estará dispoñible os sábados e os domingos e para o alumnado do colexio, xoves e venres. Ten un custe de 12 euros e conta co patrocinio do Concello.

De forma complementaria, estará dispoñible un Hall Escape na que as persoas participantes terán que resolver a Operación Diamante mediante a solución de enigmas e o seguimento de pistas. Ademais, haberá tamén ocasión de participar en xogos populares e, no caso de que chova, de xogos de mesa familiares.