sábado. 27.07.2024

A alcaldesa, Nava Castro, e unha delegación de nove alfrombristas de Ponteareas participan nas celebracións de Corpus da vila de La Orotava.

Así os alfombristas ponteareanos confeccionaron un tapiz floral de nove metros de longo por cinco de ancho na contorna da Casa do Concello da vila.

Ao estilo Ponteareas, así quixeron amosar a nosa arte floral en territorio canario os nosos alfombristas, empregando materiais naturais que foron transportados dende Ponteareas e completando con materiais subministrados pola vila da Orotava.

Ponteareas e La Orotava reafirman a súa irmandade e un ano máis, e xa van 40, colaboran para amosar ás persoas visitantes a súa arte en flor, areas e terras unidas pola devoción ao Corpus Christi, pola unidade veciñal e pola transmisión popular de coñecementos e tradicións.

A alcaldesa agradece ao alcade de La Orotava, Francisco Linares, e a todos os alfombristas e persoas colaboradoras a atención recibida “sendo unha vez máis unha experiencia única vivir con elas e eles esta festividade e esta tradición que nos une”.   

As Festas de Corpus Christi e San Isidro Labrador son Festas de Interese Turístico Nacional.

Ponteareas corresponde a La Orotava con una delegación de alformbristas para sus fiestas
Comentarios