jueves. 28.03.2024

A Polifónica de Arbo celebra as súas vodas de prata

A coral polifónica de Arbo celebra o seu 25 aniversario. O acto terá lugar o 13 de novembro no Auditorio Multiusos de Arbo ás 18.00 horas no salón de actos do auditorio Gil Davila de Arbo. Nesta celebración estará extraordinariamente acompañada da colaboración especial da Banda Municipal de Música de Arbo. "Será un concerto extraordinario" afirman os responsables da Polifónica.
A Coral Polifónica de Arbo nunha actuación o pasado mes de setembro.

A Coral Polifónica de Arbo foi fundada no ano 1996, coa finalidade de contribuír á difusión do  canto tradicional e popular no seu máis pura esencia, creando unha unión con outros pobos e outras culturas, contando sempre co apoio do  Concello de Arbo

Esta composta  por voces  mixtas, e  dende o seu inicio esta dirixida por D. Víctor Fernández  Nogueiras, gran profesional da música e gran  experto en dirección  de masas corais.

A Coral de Arbo empezou a súa actividade participando en misas e concertos a nivel local e comarcal.

A medida que a súa formación foise consolidando, as súas actuacións foron máis relevantes, chegando a percorrer moitos pobos e cidades de Galicia  e moitas outras de España.

Formou parte da Organización de  Encontros  Internacionais  do Baixo Miño, que cada ano celébrase en distintas cidades de Galicia e Portugal.

Realizou varios concertos acompañando á banda municipal de Arbo, interpretando concertos  liricos,  opera, musicais,e etc... sendo colaboradora no Certame  Galego de  Corais Vila de Arbo que organiza o  Concello e noutros moitos actos.

A Polifónica de Arbo celebra as súas vodas de prata
Comentarios