viernes. 26.04.2024

Tres mozos de Mos competiron no campionato mundial de patinaxe que se celebrará na localidade alemá de Gotinga entre o 8 e o 13 de agosto. Forman parte do grupo de 17 patinadores do Club Ribex de Tui que participará, facendo historia, na celebración das primeiras finais da historia da Copa do Mundo de patinaxe artística. Trátase de Erika Pombo Jorge, de 19 anos e da parroquia de Torroso; David Castro Folgar, de 16 anos e da parroquia de Louredo ; e Naira Rodriguez Alonso, de 21 anos e da parroquia de Cela .

O esforzo, o talento e a inmensa ilusión destes mozos e do resto do equipo fixeron posible que esta viaxe fose unha realidade. Os tres deportistas aman enormemente a patinaxe, que compaxinan cos seus estudos. Estes días os adestramentos están a ser moi intensos, adestrándose unha media de tres horas diarias para levar a coreografía o máis perfeccionada posible.

Cando a federación comunicoulles a boa noticia, o club rapidamente pensou nunha estratexia que lle permitise reunir os fondos para asistir ao campionato. “A viaxe custéase vendendo todas as semanas rosquillas, poñendo postos de comida nas festas locais, sorteando ceas que lles doaron locais de hostalería”, comenta Carolina Figueroa, socia fundadora do colectivo, consciente do enorme esforzo que están a facer para poder estar en Alemania estos días. Tamén son varios os concellos da Louriña, como Mos e os do Baixo Miño que apoian ao Club nesta viaxe.

Tres patinadores mosenses no Campionato Mundial de Patinaxe
Comentarios