jueves. 25.04.2024

Mañá venres día 14 comeza a fin de semana grande das Festas de San Telmo en Tui con propostas musicais, teatro, e animación infantil.

Ás 18.00 h, na carpa do Paseo da Corredoira, o público infantil terá cita co espectáculo de Paco Nogueiras “C@nto contigo”, no que, con palmas, sinais e a voz dos e das asistentes creará música en galego para todos os públicos, dun xeito cómico e cercano.

Xa ás 21.00 h terá lugar a última cita da XIII Semana de Teatro Amador. Será coa obra “Deus (unha comedia)” do grupo de Teatro Aloia de Pazos de Reis. Bego Míguez dirixe aos doce actores e actrices que dan vida a esta obra teatral. As entradas están á venda ao prezo de 2 euros en tui.gal e mañá dende ás 20 h no despacho de billetes.

Tamén ás 21.00 h, pero no Espazo Feiral, volverá a ser protagonista a música e a festa coa Orquestra Olympus e o seu “Red Tour”, no que recupera cancións e melodías de festa máis clásicas e internacionais. Ás 23.00 h, e no mesmo espazo, ofrecerá un segundo pase.

Orquestra Olympus.
Orquestra Olympus.

Finalmente, Old Bridge, grupo emerxente con compoñentes tanto de Tui como de Valença, actuará ás 22.00 h na carpa do Paseo da Corredoira, ofrecendo un concerto de blues, funk, soul, rock e reggae.

Old Bridge.
Old Bridge.

Por outra banda, e por mor da predición meteorolóxica, o pasarrúas “Aves de paraíso” de Barafunda Animación foi adiada para o próximo luns día 17. O horario manterase, con espectáculos de rúa ás 17.00 h e ás 19.00 h, nunha mostra de cores vivos e traxes de fantasía. As aves, de gran tamaño, están confeccionadas con globos de todas as cores.

Paco Nogueiras, o grupo de Teatro Aloia, a orquestra Olympus e o grupo Old Bridge...
Comentarios