Os Xardíns do Troncoso locen novo deseño para potenciar a súa condición de lugar tranquilo e crear un espazo sensorial

Os Xardíns de Troncoso foron obxecto dunha actuación que os dotaron dun novo deseño.

Esta semana abríronse de novo en Tui os xardíns de Troncoso tras as obras de acondicionamento acometidas nos últimos meses.  A actuación levouse a cabo co financiamento do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

Este espazo

público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez, que comunica o céntrico

Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín, foi obxecto dunha actuación que o

dotou dun novo deseño para potenciar a súa condición de lugar tranquilo e crear

un espazo sensorial coa combinación de plantas elixidas.  Instalouse amais un sistema automático de rego.