viernes. 19.04.2024

Once penados con condeas que non implicaban

cárcere  cumpriron máis de 500 xornadas

de traballo pola comunidade en diversas tarefas en servizos municipais do

Porriño durante o segundo semestre do ano 2019.

O Concello de O Porriño colabora co Centro de

Inserción Social “Carmen Avendaño” de Vigo en facilitar o cumprimento desas

condeas mediante traballo en beneficio á comunidade (coñecido polas siglas TBC)

a persoas penadas por delitos leves con condeas non privativas de libertade.

Desde xuño ata decembro de 2019, oito homes e

tres mulleres realizaron esas cincocentas horas de traballo social nas brigadas

de limpeza, parques e xardíns do Concello. A meirande parte desas xornadas de

traballo realizanse en días laboráis agás en catro casos que resolveron o tempo

de condea traballando en fines de semana, segundo explicou Sergio Casal,

concelleiro de Medio Ambiente.

Neste ano 2020 que vén de comezar, xa hai dous

penados que iniciaron o cumprimento das súas condeas de traballo social (un,

hoxe e outro o pasado día 4) e un terceiro empezará o vindeiro luns 13.  

O Código Penal contempla os traballos en

beneficio da comunidade (TBC) para aquelas persoas condeadas a menos de dous

anos de cárcere e que non teñan antecedentes penais. A meirande parte deste

tipo de penados procede de condeas por delitos de tráfico e contra a seguridade

vial (por exceso de velocidade ou sobrepsar os límites de alcoholemias).

Oito homes e tres mulleres penados realizaron cincocentas horas de traballo social nas...