jueves. 02.05.2024

O concello prepara unha bolsa de axudas directas aos sectores económicos locais por un total de 140.000 €. As comisións informativas municipais de Urbanismo, Igualdade e Economía prepararán a orde do día do próximo pleno da corporación local que abordará como asunto máis relevante a creación do fondo de axudas económicas directas para hostaleiros, comercio e autónomos afectados pola crise derivada da pandemia.

Dúas das comisións municipais celebraranse mañá xoves 18 pola tarde e por vía electrónica.  O luns 22 terá lugar o resto.  Entre elas, a comisión de Economía, que informará sobre a operación de crédito extraordinario que creará este fondo de axuda para os sectores económicos do Porriño máis afectados pola crise.  O importe total que se propoñerá será de 140.000 €, dos cales unha parte, 57.000 € corresponde á achega da Deputación, con cargo ao 1% do orzamento da institución provincial, e o resto págao o Concello.

A aprobación deste asunto levase ao pleno municipal a celebrarse o vindeiro día 24. Esa sesión estará presidida por Pedro Pereira como alcalde accidental.

Por decreto Eva García cede temporalmente a alcaldía a Pereira Fernández, como consecuencia dunha baixa debido a unha intervención cirúrxica á que será sometida este xoves e a posterior convalecencia.

O Porriño creará un fondo de 140.000 euros para os sectores máis afectados pola pandemia