domingo. 26.05.2024

Mellora da estrada provincial EP-5104 entre Maceira e Avión, en Covelo

A actuación desenvolvida abrangue un ámbito de 6.600 metros dos 10.500 que ten a estrada provincial entre Maceira e Avión. En liñas xerais executáronse melloras nos tramos que presentaban maiores deficiencias, reparando o firme para mellorar a súa capacidade portante e as súas características superficiais. Realizáronse tamén saneos, debido á presenza, entre outros elementos, de auga e raíces de árbores, e tamén se instalou drenaxe naqueles lugares onde había afloracións de auga na calzada.
Isabel Couselo y Pablo_Castillo_visitan la EP5104 de Maceira e Avión.
Isabel Couselo y Pablo_Castillo_visitan la EP5104 de Maceira e Avión.

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de visitar en Covelo xunto co seu alcalde, Pablo Castillo, a estrada provincial EP-5104 entre Maceira e Avión na que a Deputación de Pontevedra investiu máis de 300.000 euros. A visita tiña por obxectivo “analizar de primeira man o resultado final da actuación”, xa rematada, que, tal e como asegurou a deputada, “consistiu na mellora do firme para garantir a seguridade viaria da estrada provincial”.

A actuación desenvolvida abrangue un ámbito de 6.600 metros dos 10.500 que ten a estrada provincial entre Maceira e Avión. En liñas xerais executáronse melloras nos tramos que presentaban maiores deficiencias, reparando o firme para mellorar a súa capacidade portante e as súas características superficiais. Realizáronse tamén saneos, debido á presenza, entre outros elementos, de auga e raíces de árbores, e tamén se instalou drenaxe naqueles lugares onde había afloracións de auga na calzada. Ademais, na liña de mellorar a seguridade viaria da estrada e salvagardar a debida prestación do servizo público viario, a actuación completouse coa reposición da sinalización horizontal con pintura acrílica.

Durante a súa visita a Covelo, a deputada provincial comprometeuse co alcalde de Covelo, Pablo Castillo, a incluír a mellora na EP-5105 entre Maceira e A Graña no próximo paquete de medidas a desenvolver pola Deputación nas estradas provinciais. Ademais, recordou que a estes 300.000 euros investidos na EP-5104 entre Maceira e Avión, a institución provincial acometeu outras obras de conservación e mantemento en estradas da vila por valor de máis de 120.000 euros.

Mellora da estrada provincial EP-5104 entre Maceira e Avión, en Covelo
Comentarios