As inscripcións para o Samaín de Salvaterra agotaron o aforo

Participantes no roteiro de Samaín en 2018.
A noite do 31 de outubro Salvaterra de Miño converterase no foco de atención de máis de 1.200 valentes que se animaron a facer o tradicional Roteiro de Samaín.

Este Roteiro no que cada ano asisten cada vez máis participantes, agocha numerosas sorpresas e sustos propios dunha noite na que os “mortos voltan á vida e onde zombis, pantasmas, asasinos sanguinarios e demais monstruos” agardan o paso dos habitantes e visitantes de Salvaterra de Miño para facerlle sentir o Samaín dun xeito moi realista, terrorífico e sobre todo moi divertido.

Ao mesmo tempo, o Roteiro porá fin á aventura no Campo de Fútbol de O Casal, onde agarda para tod@s un chocolate quente a altas horas da madrugada e onde os aventureir@s intercambiarán as impresións do percorrido.

 NOTA: A ORGANIZACIÓN INFORMA DE QUE O AFORO PARA ESTA ACTIVIDADE XA ESTÁ COMPLETO, POLO QUE NON RECOLLEN MÁIS INSCRICIÓNS DEBIDO AO ALTÍSIMO NIVEL DE PARTICIPACIÓN PARA GARANTIZAR UNHA CORRECTA ORGANIZACIÓN NOS TEMPOS DOS GRUPOS.